Os de 3º foron polas aulas preguntando quen coñecía o carballal de Coiro e de 300 alumnos e alumnas só 23 dixeron que estiveran alí, iso que o noso centro pertence á parroquia de Coiro. Xa temos ganas de ir pero chove que chove e aínda non toca. Mentres debemos de saber que este lugar é parte do patrimonio natural de Cangas e como tal constitúe un elemento clave de afirmación da nosa identidade.
Unha viaxe interdisciplinar do alumnado de Secundaria do IES de Rodeira por este espazo natural
mércores, 12 de decembro de 2012
martes, 27 de novembro de 2012
Guión
Este é o reto co que arrinca a nosa participación no Plan proxecta: 12 meses 12 paisaxes: Coñecer, valorar, conservar e divulgar un espazo natural da nosa contorna: O Carballal de Coiro. Escollémolo porque todo o mundo coñece Cangas polas súas praias, Rodeira, Liméns, Nerga... pero moi poucos son os que saben da existencia deste espazo que acubilla tanta biodiversidade. Convertémolo nun proxecto interdisciplinar a desenvolver ao longo deste curso 2012-2013.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)