xoves, 7 de xuño de 2018

Curso 2017-18 : Comezamos o curso



Curso 2017-2018:


Comezamos un novo curso e queremos prepararnos para estudar a Carballeira de Coiro, unha das maiores  masas  de bosque autóctono do Sur de Galicia.
Non queremos que o Carballal  sexa simplemente un lugar de lecer , senón que estamos seguros que  funcionará coma un aula de aprendizaxe perfecta para aprender e aplicar  conceptos, ideas e coñecementos que iremos aprendendo ao longo deste curso.
Para isto, traballaremos moito durante os primeiros meses na aula e no laboratorio, e no mes de Maio contaremos, outro ano máis,  coa axuda inestimable de membros da Comunidade de Montes que nos guiarán por esta carballeira e irán aprendéndonos moitas cousas deste espazo natural de interese local.



















Curso 2017-2018: Incendios :


Os impresionantes incendios :

No mes de outubro ocurriron uns sucesos terroríficos na nosa contorna.
O monte ardeu e ardeu durante varios días e noites, os pobos quedaron atrapados nun inferno de lume, e morreron varias persoas ...
Aínda que a nosa zona quedou a salvo, por esta vez, estivemos metidos nunha nube de fume e dende as nosas aulas ao outro lado da ría mirábanse os montes totalmente queimados .

A sensación de perda de algo moi valiosos e tamén un sentimento de desprotección  afectounos por igual.
Así que puxémonos a investigar estes incendios, fixemos unha análise das causas, consecuencias e tamén das posibles medidas de prevención dos incendios forestais.
No laboratorio estudamos, os efectos dos incendios no solo do bosque. Comparamos  coma a auga da choiva afecta a un solo protexido por vexetación e a un solo queimado e sen protección vexetal utilizando uns modelos que simulaban un solo fértil e un solo completamente queimado . Estes modelos fixémolos con terra dentro de botellas de plástico onde plantamos herba ou cobrimos con follaco .
 Chegamos á conclusión de que as raíces  agarran o solo e o protexen da erosión  da auga polo que é imprescindible protexelo da perda da vexetación .





Curso 2017-18: Animais das carballeiras:


Aprender a recoñecer animais moi comúns nas carballeiras: 

Xa no comezamos do curso e durante un par de  semanas preparamos  fichas de identificación de varias especies de animais moi común nos bosques autóctonos da nosa zona, para aprender os seus nome e as súas características .

Esperamos ver algúns na Carballeira de Coiro!
Estas fichas levan unha foto ou un debuxo feito por algún dos nosos artistas de 1º da ESO, o  nome do animal en galego, en castelá e tamén  o seu nome  científico.
Despois recortamos imaxes destes animais , plastificámolas e puxémolas no bosque que montamos para o día da árbore e da poesía.
Estes traballos serviron para coñecer a nomenclatura científica das especies,e  tamén para aprender a identificar animais que temos moitas posibilidades de ver nos paseos.

En canto aprendamos a fixarnos!
Agora xa estamos preparados para ver unha parte da carballeira oculta ata entón aos nosos ollos!




Curso 2017-18: avelaionas...

Avelaionas, curuxas...:

Este inverno tivemos a mala sorte de atoparnos un exemplar de curuxa e unha avelaiona mortas nas estradas perto do instituto, así que ademáis de apenarnos pola  morte destes fantásticos animais, poidemos adicarlles unhas clases ao seu estudo..

Observamos e estudamos  cousas que doutro xeito soamente veríamos en fotos ou en reportaxes, características e estruturas que nos chamaron moito a atención..
Vimos de moi cerca e con detalle, as súas patas con garras e emplumadas, unhas aberturas  enormes na cabeza detrás dos ollos que eran os  oídos, os tipos de plumas e a súa colocación, as  estruturas das plumas que  funcionan como  “silenciadores”,  o tipo de bico, a glándula que produce cera para recobrir as plumas, o tamaño do animal etc…

ESTUDO DA AVELAIONA

Tamén aproveitamos a ocasión para ver uns videos que nos explicaban como son capaces de voar tan silenciosamente.
CURUXA

AVELAIONA


GARRAS EMPLUMADAS


A GLÁNDULA PRODUTORA DE CERA PARA IMPERMEABILIZAR AS PLUMAS

Curso 2017-18 : Egagrópilas :

Egagrópilas:

Para completar o estudo de aves rapaces conseguimos unhas egagrópilas de curuxa.
As egagrópilas son regurxitacións das aves rapaces que levan todo o que a ave comeu pero non dixeríu. Como estas aves papan ás súas presas sen pelar nin limpar, forman estas bolas no tubo dixestivo que despois botan fora.

Ao analizalas podemos saber que comeron as curuxas!

É unha forma boísima de analizar a súa alimentación, e tamén de poder estudar  esqueletos de pequenos mamíferos, xa que nas egagrópilas atopamos cránios e ósos de topillos, ratos de campo e musgaños:


Curso 2017-18: mofo do pan

Por que non hai cadáveres na Carballeira de Coiro?

Na clase  aprendimos que hai organismos descompoñedores, principalmente bacterias e fungos que se alimentan consumindo a materia orgánica en descomposición, é dicir, cadáveres de plantas, de animais..Precisamente  por iso teñen un gran valor ecolóxico xa que producen materia inorgánica que se devolve ao ecositema para poder  ser utilizada polas plantas e polas árbores.
Como non será moi probable velos no mes de Maio no bosque xa que o chán estará máis seco do necesario para que os  fungos se reproduzan, cultivamos no laboratorio mofo de pan e estudámolo á lupa.
Vimos o seu micelio e tamén os órganos produtores de esporas, unhas boliñas negras chamadas esporanxios.
Que bonitos son á lupa!.
O MOFO DE PAN COS SEUS ÓRGANOS PRODUTORES DE ESPORAS: OS ESPORANXIOS

Curso 2017-18 : rastrear

Aprender a rastrear:

Unha das cousas que aprendimos no laboratorio este inverno foi a facer moldes de pegadas de animais en escaiola.
 Así, se atopamos algunha pegada de xabarín, corzo, pega, ou o que sexa no barro, podemos levar o seu molde para casa e estudala alí con calma, medila, debuxala e  clasificala.
Utilizamos unha pegadas feitas en plastilina para aprender como se  saca o molde en escaiola .
Despois, cada un de nos levou a súa pegada para casa.
QUE CHULA ME SAIU!

Na saída á carballeira non imos ter tempo de facelas, pero outro día que vaiamos  podemos adicar un rato a facer moldes de pegadas.
PEGADAS EN PLASTILINA


OS NOSOS MOLDES



EN PROCESO

Curso 2017-18 : Día da árbore e da poesía

Día da árbore e da poesía :

Queremos aprender dos poetas e poetisas da nosa terra , así que apuntámonos, coma outros anos, a celebrar este día traendo o bosque ao instituto.
Con ramas secas de árbores montamos un pequeno bosque, recortamos follas de carballos, loureiros, acivros,etc ...,  e nelas escribimos pequenos poemas dos nosos poetas e poetisas.
Aí van un exemplos :

Es ti quen adorna
a miña madrugada.
Perfumas cada parte da existencia
tomo do rosal, semilla da súa flor...


Mira as árbores traspasadas
e a luz branca
Mira o horizonte
devolverche a mirada
mira o río mirarte

curso 2017-18 : Día das letras galegas :

Día das letras galegas :

Para celebrar o día das letras galegas, 17 de Maio, este ano fixámonos nas palabras. 
Cada un de nos apadriñou unha palabra en galego relacionada co bosque : unha palabra dun animal, dunha planta, dunha árbore, palabras  relacionadas coa xeografía etc.
Berramos estas palabras ben forte diante de todo o alumnado e profesorado no patio do instituto e despois montamos na entrada  unha rede de fíos que entretecían as nosas palabras.   
 Agora temos  un teito feito con palabras galegas!
Non as esqueceremos xamais!

Curuxa!
Pega!
Souto!
Carballo!
Hortelán!
Paporrubio!
Carballeira!......




Curso 2017-18 : por fin saimos

Por fin saímos a coñecer a  Carballeira de Coiro :

Hoxe día 23 de Maio por fin  saímos de ruta!
Levamos un  bo traballo de preparación estes meses atrás e saímos con ganas de aprender  máis.

Coma outros anos acompáñanos varios membros da Comunidade de Montes de Coiro que  serán os que  nos axudarán a  abrir os ollos a esta carballeira.

Levamos unha pequena libreta para apuntar todo o que nos van contando, para non esquecelo.
Aquí apuntamos os  nomes dos  animais, das árbores, das plantas,os  nomes dos lugares, dos ríos,e de todo o que nos interesa  segundo vaiamos camiñando e disfrutando do paseo.

Tampouco esquecimos levar comida e auga!


Empezamos a camiñar no pobo de  Ermelo, e alí xa aprendimos cousas sobre  este pobo e sobre o papel  do seu mosteiro séculos atrás, o primeiro asentamento monacal do Morrazo do que xa hai rexistros do século VI.

É  moi cedo pola mañá ,empeza a ruta e   chegaremos  camiñando ao instituto.























Primeira parada na Cruz de Ermelo :

TODO O EQUIPO!

Reunímonos todos nas pedras da Cruz de Ermelo, no Alto da Esculca ( o seu nome ven de esculcar, otear as 4 rías en días despexados ) onde  os membros da Comunidade de Montes nos explican o que é unha comunidade de Montes, e contestan as nosas preguntas sobre como funciona:
Enterámonos de que na zona hai 3 Comunidades: O Hío, Darbo e Coiro, e 1 comisión veciñal en Aldán, aprendimos que a Comunidade de Coiro existe dende o ano 79, con cargos directivos non remunerados  e que actualmente está formada por 130 comuneiros que se encargan de maneira voluntaria de xestionar e coidar este monte, fan repoboación, preparan terreos, colaboran cos coles e institutos para dar a coñecer este Carballal, limpan e fan funcións de prevención de incendios,que actualmente tamén teñen contratados 2 operarios...
Tamén arranxaron anos atrás o Muíño de Fausto, compraron terreos colindantes e fixeron unha guía de árbores do entorno deste muíño.







curso 2017-18. 3 manolos e 1 Pepe

3 Manolos e Pepe : 

Non é un requisito para ser membro da Comunidade de Montes de Coiro chamarse Manolo, pero nesta ruta  fumos acompañados por 3 Manolos e un Pepe, todos con moito interese por aprendernos cousas e para axudarnos a aprender a amar a esta carballeira:
Manolo Boubeta
Manolo Camaño
Manolo Soaxe
Pepe Iglesias

Temos que darlle moitas grazas pola súa paciencia e polo seu bo facer! De verdade aprendimos moito de vos!
Moitas grazas pola vosa labor !

Contáronnos cousas interesantísimas da vida dunha Carballeira:







Curso 2017-18 : Aprendendo :

Aprendendo : 

Durante a camiñata de toda a mañá, fixemos  moitas paradas nas que os monitores da Comunidade de Montes ían explicándo  cousas de animais, plantas, lugares, tamén lendas...
Que interesante todo! 
Atendimos e apuntamos todo o que poidemos......

Saída from lingualiza on Vimeo.
FIXEMOS PREGUNTAS!

PROCURAMOS APUNTALO TODO!





Aprendimos moitas cousas, incluso a facer pitos con follas .Foi divertidísimo!

Pitos varios nenos from lingualiza on Vimeo.

Tamén pasamos por debaixo dunha pedra , a Pedra Hedra que separa Bueu de Cangas:

Pedra from lingualiza on Vimeo.






Curso 2017-18 : Comezamos a camiñar

E comezamos a camiñar : 

Repartímonos en 3 grupos, e cada grupo  foi acompañado por un dos membros da Comunidade de Montes, 1 ou   2 profesores do instituto de Bioloxía e do seminario de Xeografía e Historia, e Inglés.
O camiño  era moi bonito, frondoso e como chovera bastante este inverno había moitos regatos que tiñamos que ir sorteando saltandoos.
Ó comezo íamos despacio e levabamos moito coidado de non mancharnos, pero a medida que o camiño avanzaba xa gañamos en confianza e disfrutabamos da camiñata.





CASE CASE.....