VISITA Á FRAGA DE COIRO 2017
O pasado xoves 25
de Maio, os profesores do IES de Rodeira , trasladamos ós rapaces e
rapazas de 1º ESO ,da aula á Fraga de Coiro. Alí
repasamos o que estudamos ó longo do curso nas distintas
materias ( bioloxía , xeoloxía, galego, xeografía,historia, matemáticas……)
e aprendemos outras moitas cousas dos veciños
da comunidade de montes de Coiro, facendo da visita unha
clase interdisciplinar en plena natureza, un paseo polo coñecemento a través do
“ libro máxico da Fraga”.
PREPARANDO A VISITA
Na aula
Ó principio
do curso estudamos o mundo das plantas,
as súas principais características e os animais máis
frecuentes que podemos atopar no paseo polo Carballal: mamíferos, aves,
réptiles e anfibios.
Os
rapaces e rapazas traballaron en grupo para realizar muráis sobre
cada tema:
Elaboramos un herbario con follas de árbores , arbustos e herbáceas que os
rapaces atoparon no entorno, identificando o nome vulgar, o nome científico o
tipo de árbore, o tipo de folla, o froito…..
Montserrat Díaz Calviño ( Coordinadora "Montentérate") |
Podes acceder o Herbario completo pinchando na ligazón :
Na unidade 11 do libro de texto ,“ Os ecosistemas” , estudamos os principais biomas terrestres facendo fincapé no característico da zona do Morrazo ( o monte oceánico), que se atopa nuha zona de transición entre dúas rexións bioxeográficas, responsable da gran biodiversidade da fraga. Os alumnos investigaron sobre as características pricipais :,latitude, clima, fauna ,flora, adaptacións….. e fixeron un traballo por grupos.
E para completar a información sobre o bioma da Fraga proxectamos
na pantalla dixital a unidade didáctica:
“Valores medioambientais do monte galego”
Na última unidade didáctica do curso ,“ Degradación e Conservación
do medio”, estudamos como a presenza do home cambiou os elementos da pirámide
trófica co paso do tempo e as súas consecuencias, centrándonos no
primeiro nivel :os productores. Vimos a importancia das plantas e das masas
arbóreas como base fundamental da pirámide.
Visualizamos o documental “Before de flood” ,emitido polo National
Geographic Channel onde se pon de
manifesro a relación directa das terribles consecuencias da desforestación e o
cambio climático. O finalizar o documental fixemos una ” chuvia de ideas”,
adaptando o contidos o noso monte atlántico, na que cada alumno e alumna
aportaba a súa conclusión respecto ó tema, e propuñan medidas para conservar o
noso monte, quedei abraiada!! ( en positivo).
Para completar a información sobre a degradación e conservación do medio, proxectamos na pantalla dixital a unidade didáctica:
" Que podes facer ti? Conservación e mellora"
Os rapaces elaboraron vídeos caseiros nos que propuxeron medidas para conservar a Fraga e o Monte de Coiro.