xoves, 20 de xuño de 2019

Curso 2018-19 . Pola Carballeira de Coiro

Á Carballeira de Coiro ! 


A mediados do mes de Xuño, cara ao final de curso, volvimos á Carballeira de Coiro. Imos descubrir  rutas polo Carballal que  para moitos de nos son descoñecidas.

Coma anos anteriores temos que agradecer moito á Comunidade de Montes, pois sempre cargados de paciencia e  cunha sonrisa viñeron de monitores. Este ano 2 Manolos e un Pepe .





Saímos cedo do instituto en autobús ata a aldea de Ermelo.
Alí a profe de Historia e Xeografía, Elena, contounos a orixe deste pobo e a importancia que tivera xa no século X cando  había alí un mosterio. Xa empezamos a traballar.



O 25 de Xullo temos que volver . Celebran a Romaría de Santiago de Ermelo!

E despois camiñamos un pouquiño ata a  Esculca...




Subímonos ás pedras da Cruz de Ermelo , e quedamos un ratiño vendo a paisaxe . É un lugar con vistas impresionantes; alí escoitamos  aos monitores da Xunta de Montes que nos contaron varias cousas interesantes: que zonas se podían ver  dende alí, que a aldea de Ermelo ata os anos 50 non tiña estradas para coches e que a xente ía sempre camiñando á Cangas , tamén que  as chicas facíanse buracos nas orellas para poñer pendentes e despois metíanse pauciños de carrasco para que non se lles pecharan.....
Que interesante !
Levamos con nos  unha libretiña cun mapa do percorrido a camiñar e moito espazo, por agora case en branco,  para apuntar o que non queremos esquecer. Así  empezamos a tomar notas:





Dende a Cruz de Ermelo  fomos ata a Pedra Balea  onde sacamos unha foto de grupo:



E  como dí a canción " Terra" de Dakidarría :

Camiñar é facer camiño
Escoitar, aprender e compartir...








 Pasamos polo nacemento so río  Bouzós, unha das zonas máis bonitas do camiño :



A medida que paseabamos contábannos  moitas curiosidades e nos anotamos todo o que poidemos para poder facer  un bo informe ao rematar.









As nosas libretiñas remataron un pouco enrrugadas, agás algunha que rematou   moi ben adornada  :



E chegamos a Pedra Edra perto do límite entre Bueu e Cangas. Un lugar con moita historia!

Entramos por un lado.....






E saímos por outro:



Polo camiño atopamos   varios carteis con información de animais, plantas e tamén da historia da zona que paramos a ler con calma.










A pena é que había algún cartel totalmente estropeado : 




Aprendimos  a apreciar o cheiro do campo, do bosque, xa que os monitores dábannos a cheirar varios tipos de follas:



Vimos moitas plantas distintas, algunhas si as coñeciamos pero outras non:
non esperabamos atopar tantas flores azuis, unha cor sorprendente entre tanto verde







Algunhas destas flores azuis, unhas das máis delicadas, eran da planta do liño silvestre :








Había flores brancas:

Moitas variedades de fentos :





Case aprendimos a facer pitos co froito da Silene branca, polo menos  intentámolo : 



Contáronnos que esta primavera había no monte moita cuscuta, unha planta parasita en forma de cabelo, de cor marrón que vive aproveitándose das plantas verdes, moitas veces do toxo : 


Tamén aprendimos que do Estralote ou Dedalera extráese un medicamento para o corazón :  a dixitalina. Algún recordaba estalar esta flor entre os dedos cando era pequeno.





Vimos a planta da rafia e tamén unhas flores que se usaban antes para meter nos armarios  para que e non entrara a polilla... a pesares do seu cheiro: 


Rafia:

 Houbo quen xuraba que se non respiraba,  as estrugas non lle picaban! . Menos mal que tiñamos a man  Hortelán:


Non nos enredamos moito nas silveiras xa que xa levabamos fame , e camiñamos ata o lugar onde paramos a facer un descansiño e comer o bocata : 






E agora xa con forzas renovadas seguimos a camiñata ata Rodeira  pasando por un paso un pouco perigoso : 



E xa un pouco cansos iamos chegando, o final resultou que a mañá tivera moitas horas de traballo, pero tamén de diversión! 






Aínda tivemos tempo de pasar pola zona onde plantamos en Febreiro as árbores novas .




No verán poderemos vir cos amigos e disfrutar outra vez deste Carballal.