Á Carballeira de Coiro !
A mediados do mes de Xuño, cara ao final de curso, volvimos á Carballeira de Coiro. Imos descubrir rutas polo Carballal que para moitos de nos son descoñecidas.
Coma anos anteriores temos que agradecer moito á Comunidade de Montes, pois sempre cargados de paciencia e cunha sonrisa viñeron de monitores. Este ano 2 Manolos e un Pepe .
Saímos cedo do instituto en autobús ata a aldea de Ermelo.
Alí a profe de Historia e Xeografía, Elena, contounos a orixe deste pobo e a importancia que tivera xa no século X cando había alí un mosterio. Xa empezamos a traballar.
O 25 de Xullo temos que volver . Celebran a Romaría de Santiago de Ermelo!
E despois camiñamos un pouquiño ata a Esculca...
Subímonos ás pedras da Cruz de Ermelo , e quedamos un ratiño vendo a paisaxe . É un lugar con vistas impresionantes; alí escoitamos aos monitores da Xunta de Montes que nos contaron varias cousas interesantes: que zonas se podían ver dende alí, que a aldea de Ermelo ata os anos 50 non tiña estradas para coches e que a xente ía sempre camiñando á Cangas , tamén que as chicas facíanse buracos nas orellas para poñer pendentes e despois metíanse pauciños de carrasco para que non se lles pecharan.....
Que interesante !
Levamos con nos unha libretiña cun mapa do percorrido a camiñar e moito espazo, por agora case en branco, para apuntar o que non queremos esquecer. Así empezamos a tomar notas:
Dende a Cruz de Ermelo fomos ata a Pedra Balea onde sacamos unha foto de grupo:
E como dí a canción " Terra" de Dakidarría :
Camiñar é facer camiño
Escoitar, aprender e compartir...
Pasamos polo nacemento so río Bouzós, unha das zonas máis bonitas do camiño :
A medida que paseabamos contábannos moitas curiosidades e nos anotamos todo o que poidemos para poder facer un bo informe ao rematar.
As nosas libretiñas remataron un pouco enrrugadas, agás algunha que rematou moi ben adornada :
E chegamos a Pedra Edra perto do límite entre Bueu e Cangas. Un lugar con moita historia!
Entramos por un lado.....
E saímos por outro:
Polo camiño atopamos varios carteis con información de animais, plantas e tamén da historia da zona que paramos a ler con calma.
A pena é que había algún cartel totalmente estropeado :
Aprendimos a apreciar o cheiro do campo, do bosque, xa que os monitores dábannos a cheirar varios tipos de follas:
Vimos moitas plantas distintas, algunhas si as coñeciamos pero outras non:
non esperabamos atopar tantas flores azuis, unha cor sorprendente entre tanto verde
Algunhas destas flores azuis, unhas das máis delicadas, eran da planta do liño silvestre :
Había flores brancas:
Moitas variedades de fentos :
Case aprendimos a facer pitos co froito da Silene branca, polo menos intentámolo :
Contáronnos que esta primavera había no monte moita cuscuta, unha planta parasita en forma de cabelo, de cor marrón que vive aproveitándose das plantas verdes, moitas veces do toxo :
Tamén aprendimos que do Estralote ou Dedalera extráese un medicamento para o corazón : a dixitalina. Algún recordaba estalar esta flor entre os dedos cando era pequeno.
Vimos a planta da rafia e tamén unhas flores que se usaban antes para meter nos armarios para que e non entrara a polilla... a pesares do seu cheiro:
Rafia:
Houbo quen xuraba que se non respiraba, as estrugas non lle picaban! . Menos mal que tiñamos a man Hortelán:
Non nos enredamos moito nas silveiras xa que xa levabamos fame , e camiñamos ata o lugar onde paramos a facer un descansiño e comer o bocata :
E agora xa con forzas renovadas seguimos a camiñata ata Rodeira pasando por un paso un pouco perigoso :
E xa un pouco cansos iamos chegando, o final resultou que a mañá tivera moitas horas de traballo, pero tamén de diversión!
Aínda tivemos tempo de pasar pola zona onde plantamos en Febreiro as árbores novas .
No verán poderemos vir cos amigos e disfrutar outra vez deste Carballal.