mércores, 16 de outubro de 2019

En loita contra o cambio climático!

En loita contra o cambio climático!


Este curso 2019-2020 comezámolo moi preocupados polo cambio climático, as noticias que nos chegan sobre este tema son cada vez máis preocupantes: a temperatura do planeta segue a aumentar, as especies  desaparecen, cada vez sofrimos máis períodos de seca, os polos derrítense.....e os gobernos non se implican nas medidas que poderían limitar este problema.
Así que, coma en todo o planeta, nos, a mocidade de 1º da ESO de Rodeira ,  decidimos informarnos, actuar e poñer en marcha compromisos persoais que axuden a reducir o cambio climático.
Igual que  en anos anteriores temos o compromiso  de aprender  do bosque que temos a carón de onde vivimos : o  Carballal de Coiro, e tamén comprometémonos co seu  coidado, xa que manter os bosques  é un punto importante na redución do dióxido de carbono, e este é un dos causantes do efecto invernadoiro e do cambio do clima. Esperamos contar outro ano máis coa participación  da Xunta de Montes de Coiro que nos guiará neste compromiso.


E para comezar preparamos unha exposición que pode ver todo  alumnado e profesorado : 



  • O primeiro que fixemos foi informarnos  sobre  que é o efecto invernadoiro




  •   Tamén  cales son as  causas deste incremento do dióxido de carbono:

 Preocupámonos bastante cando nos dimos conta que todos os grandes problemas da Terra están conectados co cambio climático:




Pero tamén propuxemos facer cambios que poden mellorar todos estes problemas:




Comprometímonos a facer pequenos cambios :


A nivel persoal o compromiso é maior :




Pero non nos esqueceremos de contar a todo o mundo que :