UNHA VEZ
Unha vez houbo un home
Que nunca dixo ,meu.
Petóu nas portas do mundo,
Chamóu no meu corazón ... (Celso Emilio Ferreiro)
Os homes e mulleres da mancomunidade de montes nunca din meu e grazas ao seu labor de recuperación e coidado do monte é que hoxe podemos gozar deste espazo natural.
Nós tivemos a sorte de que nos contaxiaran co seu entusiasmo o amor pola natureza e o traballo comunitario. De xeito totalmente altruísta colaboran cos centro educativos na trasmisión de valores ecoloxistas .
Con eles aprendemos o verdadeiro significado de MAN COMÚN.
Interesáronnos moito os valores nos que se fundamenta o concepto de monte en man común. Investigamos e atopamos este documental. Unha xoia que non podemos perder (http://www.cmg.xunta.es/visor/dspace.asp?TIPO=VIDEO&COD=714
Danos moito orgullo saber que a xestión comunal do monte é unha característica propia de Galicia e que mesmo está a ser utilizada para explicar o concepto de “procomún” comparándoa co folklore e o software libre como formas de autoxestionar un ben de forma colaborativa establecendo normas que buscan garantir a sostenibilidade dese ben. Non deixedes de visitar este enlace.