En loita contra o cambio climático!
Este curso 2019-2020 comezámolo moi preocupados polo cambio climático, as noticias que nos chegan sobre este tema son cada vez máis preocupantes: a temperatura do planeta segue a aumentar, as especies desaparecen, cada vez sofrimos máis períodos de seca, os polos derrítense.....e os gobernos non se implican nas medidas que poderían limitar este problema.
Así que, coma en todo o planeta, nos, a mocidade de 1º da ESO de Rodeira , decidimos informarnos, actuar e poñer en marcha compromisos persoais que axuden a reducir o cambio climático.
Igual que en anos anteriores temos o compromiso de aprender do bosque que temos a carón de onde vivimos : o Carballal de Coiro, e tamén comprometémonos co seu coidado, xa que manter os bosques é un punto importante na redución do dióxido de carbono, e este é un dos causantes do efecto invernadoiro e do cambio do clima. Esperamos contar outro ano máis coa participación da Xunta de Montes de Coiro que nos guiará neste compromiso.
E para comezar preparamos unha exposición que pode ver todo alumnado e profesorado :
- O primeiro que fixemos foi informarnos sobre que é o efecto invernadoiro:
- Tamén cales son as causas deste incremento do dióxido de carbono:
Preocupámonos bastante cando nos dimos conta que todos os grandes problemas da Terra están conectados co cambio climático:
Pero tamén propuxemos facer cambios que poden mellorar todos estes problemas:
Comprometímonos a facer pequenos cambios :
A nivel persoal o compromiso é maior :
Pero non nos esqueceremos de contar a todo o mundo que :
Ningún comentario:
Publicar un comentario