Seguimos
con Pepe, un mariñeiro arraigado á terra que nos explica o porqué dos
topónimos.
Acompáñanos o seu neto que escoita con atencións as palabras de seu avó.
TOPONIMIA from ferreiriño on Vimeo.
Unha viaxe interdisciplinar do alumnado de Secundaria do IES de Rodeira por este espazo natural
mércores, 11 de xuño de 2014
venres, 6 de xuño de 2014
REPASANDO CON SOL
Neste paseo polo Carballal non deixamos pasar nin un segundo para aprender.
repasando con Sol vimeo from ferreiriño on Vimeo.
repasando con Sol vimeo from ferreiriño on Vimeo.
xoves, 5 de xuño de 2014
LENDA NO RÍO BOUZÓS
Na parada no río
Bouzós Manolo Boubeta cóntanos historias...Entre nós está o seu neto. Tod@s
gozamos coa forza da súa memoría, da súa palabra.
lenda vimeo from ferreiriño on Vimeo.
“NO MONTE DA PENA”
Era un pastor que andaba coas ovellas no monte e un día fijouse de que ensima da pedra había unha mosa moi fermosa, cos cabelos moi longos e era unha presiosidá. Entón el lle dixo se se quería casar con el e ela lle dixo que estaba alí encantada e para casarse co ela tiña que el romper o encanto para que ela saíra dalí.
Como tiña que facer o pastor? Ir á noite de sanxuán ás 12 da noite e ela sairía rodando en forma de pedra dun muíño polo monte abaixo e aquel que a parara sería o que se casara co ela e romperían o encanto.
O home despois de senar foise polo monte arriba , esperou a que deran as 12, pero cando ía subindo xa sentiu un ruido mui forte entón mirou que viña unha pedra rodando polo monte abaixo, o tío acojonouse, apartouse e a pedra seguiu rodando.

mércores, 4 de xuño de 2014
CRUZANDO O RÍO BOUZÓS
O río levaba os ollos
ailalálo
soñando brinquedos brancos
nenos despertos soñando.
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
cruzando o rio vimeo from ferreiriño on Vimeo.
Cruzamos o río mentres Manolo segue aprendéndonos...
APRECIANDO O PRÓXIMO
Cruce de camiños.
De camiño ao río Bouzós Pepe fainos reflexionar sobre a importancia de coñecer e valorar o lugar onde vivimos.
apreciando o noso vimeo from ferreiriño on Vimeo.
De camiño ao río Bouzós Pepe fainos reflexionar sobre a importancia de coñecer e valorar o lugar onde vivimos.
apreciando o noso vimeo from ferreiriño on Vimeo.
martes, 3 de xuño de 2014
PLANTAS E COGUMELOS
Observamos as plantas. Entusiasmámonos cos nomes científicos e aprendemos a protexer os nomes galegos. Miramos de cerca un
cantarelo e atopamos unha flor
case única .
plantas vimeo from ferreiriño on Vimeo.
ÁRBORES
Admiramos unha cereixeira na busca da luz.
arbores vimeo from ferreiriño on Vimeo.
No Carballal descubrimos a riqueza do noso bosque . Iniciámonos na identificación das árbores e gozamos con algunha curiosidade. Aquí tedes unha pequena mostra.
Sobe ás nubes
vertical
vertical
en goce
voando.
( Bernardino Graña)
( Bernardino Graña)
arbores vimeo from ferreiriño on Vimeo.
No Carballal descubrimos a riqueza do noso bosque . Iniciámonos na identificación das árbores e gozamos con algunha curiosidade. Aquí tedes unha pequena mostra.
luns, 2 de xuño de 2014
MONTE COMUNAL: O LUGAR QUE UNE.
Un cantar pola túa boca
pero un cantar comunal
non privado, solidario
o verdadeiro cantar.
(Bernardino Graña)
Chegou a hora de ir ao Carballal e alí
puidemos escoitar tres xeracións a falar con entusiasmo do lugar que coñecen e
que lles dá a vida porque os conecta co seu. Así camiñando polo espazo que
compartimos chegamos ao lugar que nos une.
.
Manolo explícanos o significado de Monte comunal.
O monte común é de toda a veciñanza e de ninguén en particular. Consérvase a expresión “casa con fume todo o ano “ para demostrar que se vive na parroquia.
Os veciños e veciñas que están na xunta de montes son voluntari@s. Realizan labores de poda, limpeza...de xeito desinteresado. O seu traballo revirte nunha mellora para a comunidade. Resultan moi interesantes as actividades socializadoras que promoven.
Grazas tamén por aprendernos tantas cousas nestes paseos polo Carballal.

domingo, 23 de marzo de 2014
Árbore e poesía
NATUREZA E PALABRA Unha festa
común.
O 21 de marzo Día da Poesía e Día da Árbore recollemos o relevo e seguimos entendendo que as
palabras son vida. Esta vez cubrimos unha árbore con poemas en galego que fomos
escollendo entre os libros que estaban no corredor.
Coidamos da natureza. Coidamos das
palabras.xoves, 21 de novembro de 2013
ESTE CURSO 2013-2014 MONTENTERÁMONOS
O ano pasado cando viñemos visitar o instituto alumnos e alumnas que agora están en segundo achegáronnos ao Caballal de Coiro explicando a exposición na que amosaban as súas aprendizaxes.
Este curso seguimos aprendendo deles cando viñeron ás nosas aulas e presentaron o blog. Lembráronos a importancia de respectar as normas dun camiñante ecoloxista e insistiron moito en que prestásemos atención especial aos comuneiros e comuneiras pois é a el@s a quen lles debemos a conservación do monte.
Aquí podemos ver a Sergio, Ancor, Xian e Uxía auténticos divulgadores e divulgadora da nosa contorna e da nosa lingua.
Se queremos saber o que é unha estreliña riscada, un paporroibo, un pipistrelus pipistrelus, un couselo, un estralote, un érbedo, un ameneiro... e moitas outras cousas máis , temos que consultar este blog que nos ensina a vida no Carballal da nosa parroquia.

mércores, 26 de xuño de 2013
Temos un proxecto con futuro
![]() |
De foto futuro |
Carta dun alumno de 2º ESO no ano 2230 aos políticos ambientais.
Bos días señores políticos ambientais:
Veño dende o futuro para que vexades o mal que o estades facendo e o mal que coidades a Natureza da que, sin sabelo, disfrutades. Agora mesmo eu non podo sentir o sol nin a brisa da auga da praia, non podo respirar o osíxeno que producen as árbores, non podo ir polo monte e pensar o medo que me daría atoparme cun lobo ou cun raposo. O que eu quero e sentir todas estas cousas.
O outro día, buscando información, atopei cousas sobre un lugar no que hai moita natureza, no que hai vida, chamado “Carballal de Coiro”. Sinceramente, nin eu nin ninguén cría que puidera existir algo así; ata os meus fillos pensaron que estaba tolo. Puido existir algo así e que vós non o coidárades? Sona incrible, é algo que non colle na cabeza de ninguén, pero foi certo.
No fondo só vos pido que pensedes en todo o que tedes, porque é o máis grande que ides a ter nunca, e no futuro tamén queremos disfrutar de todas estas cousas. Por favor, aínda que sexa un pouco tarde, recapacitade.
Un saúdo.
DIVULGAMOS
En xuño tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas de 6º dos coles da Rúa e Coiro achegáronse a
coñecer o instituto. Nós quixemos
recibilos compartindo con todos a nosa experiencia, así convertémonos en
auténticos divulgadores e divulgadoras. Agardamos que o curso que ven poidamos
ilusionarnos xunt@s e seguir gozando e aprendendo neste noso espazo natural.
carballal from lingualiza on Vimeo.
Maio longo. O carballal no instituto
O día internacional da Biodiversidade, cubrimos as paredes do instituto de verde e asumimos a tarefa de divulgar mediante un gran mural todo o que aprendemos no carballal de Coiro, un espazo do noso concello que, grazas á Comunidade de Montes, segue conservando toda a biodiversidade propia do bosque autóctono galego.
Pero no só enchemos os corredores de verde, enchémolos tamén de sons, porque as palabras son sons “ferreiriño, estralote, xilbarbeira…palabras vida que nos deron as voces galegas tamén en maio.
Pero no só enchemos os corredores de verde, enchémolos tamén de sons, porque as palabras son sons “ferreiriño, estralote, xilbarbeira…palabras vida que nos deron as voces galegas tamén en maio.
xoves, 13 de xuño de 2013
A denuncia
Contaminadores do aire puro e da auga
humilde, casta e cristalina
Incendiarios da sagrada fraga
misteriosa,cantora e ancestral.
Asasinos de paxaros
Verdugos.
de todo canto ama vive e canta.
martes, 11 de xuño de 2013
A fauna, unha veciñanza moi rebuldeira
O carballal da acubillo a gran diversidade de animais. Os bulideiros insectos agóchanse nas gretas da codia, aves e mamíferos aniñan na súa ramallada, nos ocos dos troncos ou nas raíces e hainos que son visitantes comensais. Todos son fuxidíos e non se deixan ver. Nós tiñamos os nosos apuntamentos e buscamos as imaxes en Internet.
De toda a fauna que vive neste bosque o que máis abonda son paxaros. Quen nos dera aprender a distinguir os seus cantos como Sol, que cada pouco nos di: “escoitade a estreliña riscada, por alí canta o ferreiriño, non asustedes ao peto verdeal…”. Por iso queremos seguir véndoos.
Flora, a botica
Fixemos moitas, pero moitas fotos da flora. Deu bastante traballo seleccionalas e contrastar a información pero así fomos aprendendo un montón.
Con Sol, Manolo e Miguel, ás veces, sentímonos como nunha botica na que quixeramos atopar remedios para todos os males.
martes, 7 de maio de 2013
No río Bouzós
“Vai por diante un río xordo,
Detrás arrepuxando o noso pulo.”
(X. Vázquez Pintor)
Chegou a hora de repoñer forzas para seguir o
camiño e non hai mellor sitio para compartir unha boa merenda que a beira dun
río. Iso si sempre en harmonía coa natureza e deixando todo como estaba.
Queremos seguir achegándonos ata aquí de vez en cando e comprobar que todo
mellora.
Cruzamos o río e aínda adamos un bo cacho na compaña dos seus sons, e o río tróuxonos…
Palabras de auga
Pasa río,pasa río
co teu maino rebulir
pasa, pasa ante a froliñas
color de ouro marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
(ROSALÍA DE CASTRO)
SAÍDA AO CARBALLAL (o relato)
De volta ao insti tocou traballar, tiñamos que ver todas as fotos e comparar toda a información dos cadernos, pero agora estudiabamos no libro das realidades: da realidade observada, da realidade vivida, da realidade compartida...
luns, 6 de maio de 2013
O bosque en abril
Vimos o bosque en abril cando todo empeza a agromar, os acios florais se preparan para a polinización e as landras do ano anterior xermolan na terra, para emprender a súa aventura.
Todos estes son agasallos que nos dá a natureza, en concreto O Carballal de Coiro. Nós só demos o primeiro paseo por este lugar que aínda temos que descubrir. Estamos desexando velo en outono.
As árbores máis admiradas
TEORIA DO ABRE
O berce foi antes arbre.Berce do arbre é o vento,
O arbre filho da terra,
Danos sombra i alimento.
xoves, 2 de maio de 2013
Polos camiños da fraga
De sutaque sorprendín a mañá
entrando na vila, cantando da mao da fina chuvia.
Cos pés espidos e mollados
viña dos camiños verdes, profundos.
Luís Pimentel
“En abril augas mil” di o refrán pero a nós tróuxonos o día do tan esperado paseo polo Carballal .
Con mochila ao lombo, auga e froita, caderniños en man, organizados en equipos de 5 e con cámara fotográfica aló fomos “polos camiños da fraga”...entrando na vila, cantando da mao da fina chuvia.
Cos pés espidos e mollados
viña dos camiños verdes, profundos.
Luís Pimentel
“En abril augas mil” di o refrán pero a nós tróuxonos o día do tan esperado paseo polo Carballal .
Como auténticos naturalistas observamos, fixemos fotos e escoitamos aos nosos acompañantes da XX de MM, Manolo, Miguel e Sol, sen perder detalle. Apuntamos todo nos cadernos. Canta sabedoría garda o Carballal!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)