venres, 14 de xuño de 2019

curso 2018-19: axudando a plantar árbores no Carballal



Plantando árbores no Carballal de Coiro :  


  No mes de febreiro axudamos a repoboar unha zona da carballeira de Coiro con árbores frondosas e autóctonas que enriquezan a carballeira.




 Para preparar a saída traballamos previamente na clase e  na casa coas árbores frondosas que iamos plantar despois: aprendimos como eran as súas follas, os seus froitos,e tamén con estes traballos aprendimos  que é o nome científico das especies.











Así,  cando despois cando fumos plantar xa podíamos imaxinar como serán as nosas árbores e a zona de plantación cando estas árbores crezan nuns meses e anos.  
Esta actividade organizada pola Comunidade de Montes de Coiro é a primeira toma de contacto  coa Carballeira de Coiro.





Axudáronnos como  monitores aos peóns forestais do taller da Rúa, que con moita paciencia  explicáronnos como para plantar as árbores  hai que preparar o chan previamente, como se manexaba  a ferramenta, contáronnos cousas curiosas das árbores que estabamos a plantar  e con moita paciencia botáronnos unha man para plantar uns 100 exemplares de varios tipos de frondosas :
     Castiñeiros, acivros, bidueiros, pradairos, faias, nogueira, cerdeiras e freixos.






























 O traballo foi moi duro! 
O  sacho non é o noso, e  moitos e moitas non temos práctica nisto,  pero traballamos arreo durante toda a mañá , e ó chegar a hora de marchar non queríamos volver. Quedában algúns exemplares sen plantar todavía.
 Os monitores seguirán co seu traballo sen a nosa axuda.
Teremos que volver na primaveira e no  verán para botar un pouco de auga e a ver como creceron ! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario