venres, 14 de xuño de 2019

Curso 2018-19: os nosos plans

 Os nosos plans para este curso 2018-19 : 

Iniciamos un novo curso 2018-2019, e queremos  aprender do Carballal de Coiro, sobre todo implicando aos alumnos de 1º da ESO recén chegados ao instituto, pero tamén queremos incluir este curso ao alumnado de 2º de bacharelato da materia de Ciencias da Terra cos que faremos varias actividades xa programadas relacionadas coa conservación do monte e a prevención de incendios forestais.
Unha  parte do alumnado de 1º da ESO  provén de colexios que  xa traballaron  os valores e obxectivos que, coma anos anteriores, queremos conseguir co traballo deste curso.
 Obxectivos coma por exemplo  :

  • Poñer en valor a Carballeira de Coiro, a través do seu coñecemento, xa que o Carballal é  unha das poucas   mostras de bosque autóctono propia de clima oceánico que temos  na nosa contorna. 
  • Aprender  do funcionamento das Comunidades de Montes, e a importancia que ten a organización veciñal .
  •  Formar unha cidadanía responsable, ecoloxista e comprometida co patrimonio natural, e coa súa conservación 

Temos moitos plans, e cousas novas irán xurdindo ao longo do ano.  Este curso queremos aprender moito, traballaremos na aula para poder apreciar mellor a riqueza deste bosque cando na  primavera vaiamos de ruta á Carballeira de Coiro .
 Pero tamén queremos ser agradecidos e comprometernos coa conservación deste Carballal, empregando algo do noso tempo  axudando aos membros da Comunidade de Montese  a plantar árbores frondosas alá  polo mes de Febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario