xoves, 8 de xuño de 2017

DESPOIS DA SAÍDA A FRAGA


DESPOIS DA SAÍDA Á FRAGA

Os rapaces e rapazas contan a súa experiencia

Os rapaces e rapazas de 1º  ESO  do IES de Rodeira, elaboraron
unhas redaccións sobre a súa experiencia na fraga:











Concurso fotográfico

Coas fotografías da visita á fraga os rapaces e rapazas participaron
no “XII concurso de fotografía da Natureza”, organizado polo
centro. As fotografías tiñan que ser orixinais, tomadas polo
alumno e versar sobre un tema relacionado coa Natureza.  ,
presentando un máximo de dez fotos e optando a distintos premios:

·         un premio á mellor colección,
·         un premio á mellor fotografía da Natureza
·         3 accésits

 
 






Colaboración na revista do Instituto





Cousas curiosas que aprendemos
1.        LENDAS DA FRAGA

"Herbas de San Xoan".

 Lendas e tradicións transfórmanse en realidade na ´Noite Meiga´ de San Xoan. Un dos principais rituais desta noite son as "Herbas de San Xoan". O rito comeza na tarde do xoves, día 23 de xuño. Recóllense plantas e flores , entre elas, pétalos de rosas, fentos , fiuncho, herbaluisa, malvas, herba de San Xoan, sabugueiro ou saúco. Unha vez recolectadas, métense nun recipiente con auga e déixanse ao aire libre na noite do 23 ao 24. Ao día seguinte pola mañá, despoís de levantarse, hai que lavar a cara con esa auga das Herbas de San Xoan.
A tradición di que purifica a pel e protexe das enfermidades. Os maiores tamén din que protexe de ´meigallos´, envexas e mal de ollo. Outra das crenzas é que, ao quedar toda a noite ao aire libre, absorbe as propiedades máxicas da noite de San Xoan e dise que o mesmo San Xoan bendice con esa auga.


 
 
 
 
 


“Xesta quero unha moza”
Na cima do Monte da Esculca, os mozos  acudían á romería e para atopar moza  facían un atado forte , no puño ,cunha xesta que hai ó carón da cruz de Ermelo .


“Contra o amor non correspondido”





O día de San Xoan e antes de saír  o Sol,
no cano da pluma dun ganso porás:
Po de semente de lingua de ovella (llantén) e auga bendita
Con cera virxe e un cirio bendito a pluma selarás;
Si o desexo dunha dama anhelas a pluma sempre  has de levar.
 
 


 2.        A BOTICA DA FRAGA






Estruga







   


-          Pola súa acción antianémica é unha planta medicinal moi beneficiosa para previr ou combater os casos de anemia ferropénica debido ó seu contido en ferro e vitamina C.


-          É moi útil para mellorar os casos de caspa, regular o exceso de sebo no coiro cabeludo, axudache a previr e combater a caída do cabelo e mantelo cunha boa saúde xeral. Nestes casos prepara unha decocción coa raíz e as follas.


-          Acción depurativa que mellora afecciones como a pinga ou acedo úrico alto e as infeccións das vías urinarias como a cistitis ou a uretritis.

-          É unha planta excelente para tomar durante periodos de convalecencia e recuperación física e mental.
-          Acción antiinflamatoria da ortiga pode ser moi beneficiosa para mellorar multitude de dolencias por exemplo artrite, prostatite, hemorroides, inflamacións osteoarticulares ou farinxite.
-          Mellora o estreñimiento pola súa capacidade para estimular os movementos peristálticos do intestino. Pero tamén favorece a función doutros órganos que participan na dixestión dos alimentos como é o caso do fígado, o páncreas, a vesícula biliar ou o estómago.
-          Acción antihemorráxica, útil tanto para as hemorraxias internas como as externas, por exemplo as nasales. Tamén contribúe á regulación de menstruacións excesivas.
-          Axuda a reducir os niveis de azucre en sangue debido a ó efecto hipoglucemiante.
-          Acción diurética, actúa en sinerxia coa acción depurativa para mellorar os casos de pinga (hiperuricemia), infeccións urinarias e tamén a retención de líquidos.
-          Antihistamínico natural excelente para mellorar os síntomas das alerxias. (como a alerxia ós ácaros do po e a alerxia primaveral ou estacional)
-          Tónico para a pel, axúdanos a regular as peles graxas e mixtas, combate o acné, pódese usar como desmaquillante e para os casos de dermatitis, psoriasis e eccemas.
-          Expectorante que axuda a expulsar a mucosidade das vías respiratorias. É polo tanto de gran valor en gripes, catarros e arrefriados.
-          Acción antioxidante, combate os danos celulares dos radicais libres,  atrasa o envellecemento e axúdanos a previr enfermidades dexenerativas.
-          Analxésico, para a dor muscular ou articular. Nestes casos aplícase de forma externa e local un aceite infusionado con estruga dando unha suave masaxe ou ben colocando unha cataplasma de estruga.





-          Extracto da raíz da estruga  utilízase para o tratamento da hiperplasia benigna de próstata.
-          Insecticida natural para pragas , mesturado con auga.


Lingua de ovella (Llantén)

-          As follas de lingua de ovella  poden ferverse en guisos con legumes, cereais, etc.

-          Frescas ou escaldadas pódense aplicar como cataplasma pola súa acción antibacteriana e antiséptica, así como sobre hemorroides pola súa acción anti-inflamatoria.

-          Para aliviar as picaduras de insectos.

-          Para afecciones de garganta e bucodentais, catarros e bronquios tanto en infusión como mediante enxaugues.

-          As gárgaras de lingua de ovella utilízanse en medicina natural para aliviar as anxinas, así como en caso de farinxite, larinxite e bronquite.

-          A infusión úsase en naturopatía en caso de problemas intestinais, diarreas, úlceras.....

-          Os lavados con auga ou colirio de lingua de ovella para baixar a inflamación das pálpebras e aliviar a conxuntivite.


 
Salgueiro




-          Boa forraxe para o gando, os troncos empréganse en ebanisteria para a fabricacion de obxectos lixeiros.

 -          Pero fundamentalmente aprovéitase con fins curativos, para o que se utilizan as follas, os amentos (flores masculinas) e a cortiza. Extráese a salicina (glucosido de saligenina) principio activo do ácido acetil salicílico ( máis coñecido como “aspirina”)La salicina ten multiples propiedades: asi, pódese utilizar para baixar a febre, ou como analxésico para dores leves e moderados; como antirreumatico, como efectivo antiinflamatorio e lixeiramente sedante. E debido a que tamén conta cunha cantidade considerable de taninos, posúe así mesmo un carácter astrinxente. Grazas a todas estas propiedades, adóitase empregar en casos de reumatismo, neuralgias, cefaleas, dismenorreas, catarro, gripe e desordes biliares.



















É DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS


Grazas a todos!!

Como coordinadora do proxecto, quero agradecer a todos os que colaboraron nesta fermosa e productiva experiencia. Grazas ós comuneiros da Xunta de montes de Coiro, grazas ós meu compañeiros de vocación: Diana Almeida (Lingua Galega- Lingua Castelá), Lorena Escudeiro (Bioloxía-Xeoloxía), Isabel Ávila (Psicóloga terapeuta),Juan Bouza( Bioloxía- Xeoloxía) ,Xoan Chillón (Xeografía e Historia)  e grazas ós alumnos de 1º da ESO do  Rodeira. Só por ver como os rapaces aprendían divertíndose , pagou a pena o esforzo….algúns exclamaban “esta e a mellor clase do Mundoooo!!!, esas palabras , para os que amamos a nosa vocación,  enchen de ledicia o corazón. Ese entusiasmo  alimenta o noso e fai que non perdamos a ilusión por seguir aprendendo xuntos cada día. Porque ensinar  é compartir, é valeirarse para os rapaces e encherse co que eles che dan. Por moita tecnoloxía que exista a mellor ensinanza e a que se fai con cariño e esa non nace duha máquina, porque as máquinas non teñen corazón.


 “A ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, sinon de corazón a corazón “  Howard G. Hendricks


 Ó remate da visita , apareceron unhas nubes negras, coma a negra sobra, que se puxeron a chorar pero non, non nos amolaron nadiña,  seguimos cantando e bailando baixo a chuvia ata chegar o instituto, eso sí, enchoupados!! Enchoupados por fora ,e enchoupados por dentro de agradecemento, de ledicia e de coñecemento.

Grazas tamén a esas nubes e a chuvia, por non interromper a nosa clase e por acompañarnos no camiño de volta  refrescándonos  despois da longa andaina.

Grazas, Fraga de Coiro, por deixarnos interromper o teu descanso, a túa música, os teus silencios ,a túa soidade……grazas por  acollernos  e deixarnos entrar, un ano máis  no teu libro máxico do que tanto aprendemos , por deixarnos admirar a túa beleza, respetarte, coidarte e coñecer os teus segredos.

Adeus Fraga de Coiro, non sei cando nos veremos! cóidate moito e deixa que te coiden…….

Agardamos  volver o próximo ano, seguiremos amando á Fraga e traballando en mancomún!!

Amemos

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.
                            Carlos Casares ( día das letras galegas 2017)



Montserrat Díaz Calviño ( Coordinadora Montentérate 2017 )

sábado, 4 de xuño de 2016

Este ano plantamos árbores :



ESTE ANO PLANTAMOS ÁRBORES : 

Unha vez máis os veciños e veciñas da comunidade de montes de Coiro contaxiaron co seu entusiasmo  o amor pola natureza e o traballo comunitario ao alumnado de 1º da E.S.O. do I.E.S. de Rodeira .
 De  xeito totalmente altruísta colaboran co profesorado   na  transmisión de valores: ecoloxistas, solidarios, comprometidos, cooperativos...desde hai catro cursos.


Esta vez tocou colaborar na plantación de 30 árbores  de especies autóctonas( cerdeiras, freixos e bidueiros )  no lugar chamado "Chan de loureiro". Estas árbores procedían de plantas crecidas noutros lugares deste monte.








O alumnado acompañou a plantación coa lectura do poema "Brinde da fraga amiga" do noso poeta e académico Bernardino Graña, e tamén de  poemas de Manual María coma o do  Carballo: 












Fagamos torres de babel en soutos,
carballeiras profundas, romarías,
sombras ledas de erguermos aturuxos,
gaitas, fervenzas, voz de furnas íntimas
onde medran as raíces do misterio,
ventos a vir con furia desde as costas,
da nosa xente ao lonxe, de saudades, de iras

                                                                Bernardino Graña 

  Carballos
  ¡Carballos rexos, potentes,
    Calados ou musicales
    Que loitais como valentes
    Coas xistras e os vendavales!                                      

   ¡Duros carballos verdeados,
    petrucios e sedentarios!
  ¡Estades na Chá chantados
   solemnes e centenarios!

  ¡Como amo a vosa beleza
   da máis baril sobriedade!
  ¡Que sensación de forteza
   ollando prá eternidade


                                         Manuel María

 E vimos rastros de xabarín:




 ... e moitos cágados nunha charquiña de auga a punto de quedarse sen auga. Poidemos trasvasar varios hasta un regato con máis auga:





Desgraciadamente nun lugar coma este tamén atopamos restos dun verquido ilegal , escombros con trozos de mobles dun salón :



Durante semanas algúns nenos e nenas de 1º da ESO  no seu tempo libre do recreo prepararon un mural xigante sobre o Carballo , destacando todo a vida que xira entorno a eles e como funcionan como un ecosistema propio:



Así todos disfrutamos desta información .

Volveremos de cando en vez a ver como medran  as nosas árbores!


Agardamos continuar co traballo no Carballal de Coiro no próximo ano.
 Seguiremos traballando en "mancomún"!

martes, 2 de xuño de 2015

VALORACIÓN:

Uns días despois e xa coas ideas reposadas fixemos a nosa valoración. :





xoves, 28 de maio de 2015

GRAZAS Á XUNTA DE MONTES :

Coma nos anos anteriores tivemos uns guías estupendos que nos abriron os ollos :








BUSCAMOS ANIMAIS: 


Os animais resistíronse a nosa procura, agás algún paxaro e os  tritóns, pero si atopamos varias mostras de que a carballeira é un lugar con moita vida .







PRIMAVERA!

A vexetación estaba en plena floración

Galicia frorida,
cal ela ningunha, 
de frores cuberta,
cuberta de espumas.

Rosalía de Castro







mércores, 27 de maio de 2015

CAMIÑAMOS
 camiñamos e camiñamos...



e traballamos :

Como saímos dende Ermelo vimos varios  postes con información de  cousas  que nos interesaron interesantes:





POR FIN SAÍMOS Ó CARBALLAL!

Outro ano máis saímos a coñecer o Carballal de Coiro. Despois de tanto traballar tamén un pouco de diversión!
Coma nos 2 anos anteriores  fomos acompañados por membros da Xunta de Montes, que prepararon a saída,  acompañáronnos  e  foron explicando moitísimas cousas nesta saída.

Levamos unhas libretiñas que deseñamos na aula e nas que   por un lado levabamos o mapa topográfico da zona, e polo outro lado  apuntamos todo o que nos contaban e  o que recoñecíamos na saída.




domingo, 17 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

Participamos na actividade organizada polo instituto ó redor deste día. Os grupos de 1º da ESO apadriñamos palabras en  galego para falar da nosa carballeira:  plantas, árbores, animais e paisaxe . Escribímolas en papeis e metímolas en botes.
 No patio do centro berramos as palabras para que todos os  as escoitaran!
FIUNCHO!
ESTRALOTE!
BUBELA!
BOUZÓS! 
Tamén fixemos  pancartas coas que nos rodeamos para representar mellor o noso compromiso de aprender e utilizar estas palabras.

Non esquezas as verbas estirpe
que son morte para o estranxeiro opresor, elas nos lavan
Sempre dirás : URCES
Repite : os carballos
Méndez Ferrín