xoves, 8 de xuño de 2017

É DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS


Grazas a todos!!

Como coordinadora do proxecto, quero agradecer a todos os que colaboraron nesta fermosa e productiva experiencia. Grazas ós comuneiros da Xunta de montes de Coiro, grazas ós meu compañeiros de vocación: Diana Almeida (Lingua Galega- Lingua Castelá), Lorena Escudeiro (Bioloxía-Xeoloxía), Isabel Ávila (Psicóloga terapeuta),Juan Bouza( Bioloxía- Xeoloxía) ,Xoan Chillón (Xeografía e Historia)  e grazas ós alumnos de 1º da ESO do  Rodeira. Só por ver como os rapaces aprendían divertíndose , pagou a pena o esforzo….algúns exclamaban “esta e a mellor clase do Mundoooo!!!, esas palabras , para os que amamos a nosa vocación,  enchen de ledicia o corazón. Ese entusiasmo  alimenta o noso e fai que non perdamos a ilusión por seguir aprendendo xuntos cada día. Porque ensinar  é compartir, é valeirarse para os rapaces e encherse co que eles che dan. Por moita tecnoloxía que exista a mellor ensinanza e a que se fai con cariño e esa non nace duha máquina, porque as máquinas non teñen corazón.


 “A ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, sinon de corazón a corazón “  Howard G. Hendricks


 Ó remate da visita , apareceron unhas nubes negras, coma a negra sobra, que se puxeron a chorar pero non, non nos amolaron nadiña,  seguimos cantando e bailando baixo a chuvia ata chegar o instituto, eso sí, enchoupados!! Enchoupados por fora ,e enchoupados por dentro de agradecemento, de ledicia e de coñecemento.

Grazas tamén a esas nubes e a chuvia, por non interromper a nosa clase e por acompañarnos no camiño de volta  refrescándonos  despois da longa andaina.

Grazas, Fraga de Coiro, por deixarnos interromper o teu descanso, a túa música, os teus silencios ,a túa soidade……grazas por  acollernos  e deixarnos entrar, un ano máis  no teu libro máxico do que tanto aprendemos , por deixarnos admirar a túa beleza, respetarte, coidarte e coñecer os teus segredos.

Adeus Fraga de Coiro, non sei cando nos veremos! cóidate moito e deixa que te coiden…….

Agardamos  volver o próximo ano, seguiremos amando á Fraga e traballando en mancomún!!

Amemos

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.
                            Carlos Casares ( día das letras galegas 2017)



Montserrat Díaz Calviño ( Coordinadora Montentérate 2017 )

Ningún comentario:

Publicar un comentario