VALORACIÓN:
Uns días despois e xa coas ideas reposadas fixemos a nosa valoración. :
Unha viaxe interdisciplinar do alumnado de Secundaria do IES de Rodeira por este espazo natural
martes, 2 de xuño de 2015
xoves, 28 de maio de 2015
mércores, 27 de maio de 2015
POR FIN SAÍMOS Ó CARBALLAL!
Outro ano máis saímos a coñecer o Carballal de Coiro. Despois de tanto traballar tamén un pouco de diversión!
Coma nos 2 anos anteriores fomos acompañados por membros da Xunta de Montes, que prepararon a saída, acompañáronnos e foron explicando moitísimas cousas nesta saída.
Levamos unhas libretiñas que deseñamos na aula e nas que por un lado levabamos o mapa topográfico da zona, e polo outro lado apuntamos todo o que nos contaban e o que recoñecíamos na saída.

domingo, 17 de maio de 2015
DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
Participamos na actividade organizada polo instituto ó redor deste día. Os grupos de 1º da ESO apadriñamos palabras en galego para falar da nosa carballeira: plantas, árbores, animais e paisaxe . Escribímolas en papeis e metímolas en botes.
No patio do centro berramos as palabras para que todos os as escoitaran!
FIUNCHO!
ESTRALOTE!
BUBELA!
BOUZÓS!
Tamén fixemos pancartas coas que nos rodeamos para representar mellor o noso compromiso de aprender e utilizar estas palabras.
Non esquezas as verbas estirpe
que son morte para o estranxeiro opresor, elas nos lavan
Sempre dirás : URCES
Repite : os carballos
Méndez Ferrín

luns, 20 de abril de 2015
mércores, 15 de abril de 2015
sábado, 21 de marzo de 2015
DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA
Para celebrar o día da árbore e xa que celébrase tamén o mesmo día : o día da poesía, estas semanas trouxemos o bosque ó instituto!
Que cada folla nos axude a ver, ler, falar e coñecer ós nosos poetas !
Leva cando menos unha man de auga
unha man de vento, un puño de terra,
unha folla verde da edra da casa,
unha pedra redonda, un libro
e non esquezas a orixe
Sechu Sende

martes, 11 de novembro de 2014
COMEZAMOS UN NOVO CURSO
Este curso estamos a preparar moitas actividades cos alumnos de 1º da ESO ó redor da Carballeira de Coiro. Con todas estos traballos intentaremos utilizar tamén este medio noso coma unha aula de aprendizaxe incomparable.
FACEMOS UN HERBARIO
Comezamos no primeiro trimestre aprendendo a secar e prensar plantas. Fixemos uns herbarios coas follas das árbores máis frecuentes no Carballal. Clasificámolas e estudamos os seus nomes científicos, galegos e casteláns.
Xa podemos ir polo monte falando de castiñeiros, ameneiros, carballos. loureiros........

venres, 20 de xuño de 2014
BRINDE DA FRAGA AMIGA
BRINDE DA FRAGA AMIGA
Fagamos torres de babel en verde.
En árbores diversas como as linguas.
Fagamos torres de babel en vasos
comunicantes, saiba monte arriba,
manto e mornura con lentor de follas...
fagamos torres fraternais, selváticas
de entrelazo de brazos que concerta e vibra.
Fagamos torres de babel en soutos,
carballeiras profundas, romarías,
sombras ledas de erguermos aturuxos,
gaitas, fervenzas, voz de furnas íntimas
onde medran as raíces do misterio,
ventos a vir con furia desde as costas,
da nosa xente ao lonxe, de saudades, de iras.
Bamboleemos o loureiro, as cepas
de encadreladas e vizosas viñas,
sebes, devesas, touzas ou xesteiras,
herbas ou flores frescas baixo as brisas,
mesturación de plantas e paxaros tolos
nunha selva confusa en harmonía.
Ergueremos os brazos, dura a testa, os ollos
moi abertos, coas ansias, a porfía,
como os gomos e as uces, no enguedello
no madurar de froitos de vivencia amiga.
E afundiranse as mans negras que incendian.
E triunfará a alegría.
E triunfará a alegría!
Himno verde, Bernardino Graña.
O paseo polo carballal resultou ser unha descoberta, un goce dos sons da natureza e dos sons da fala. Paxaros, sons de piñas, augas, lendas...fan do espazo natural e da lingua un lugar común que celebrar.
Nós queremos deixar estas palabras do noso
poeta e poeta do mundo a madurar nas nosas mentes comprometidas para poder ter máis vivencias amigas. E triunfará a alegría!
domingo, 15 de xuño de 2014
PALABRAS COMPARTIDAS
Con estas actividades establecemos un auténtico diálogo cos veciños e
veciñas, que resultaron ser verdadeiros axentes socializadores. Unha vez máis
xunt@as descubrimos unha natureza e unha lingua que nos une, por iso
insistimos na importancia do seu coidado porque ámbalas dúas están en perigo de
extinción.
Neste diálogo quixemos agradecerlles, nun sinxelo pero afectuoso acto, todas as experiencias que compartiron con nós.
Eles non perderon a ocasión para mostrar interese polas actividades feitas no instituto e para lembrarnos a tradición de recoller herbas para facer o cacho.
Cacho from ferreiriño on Vimeo.

sábado, 14 de xuño de 2014
PINTA A TÚA ALDEA E PINTARÁS O MUNDO.
Tendo esta cita de Tolsto tamén como referencia, reflexionamos sobre a importancia da nosa natureza e valoramos o traballo das persoas que a coidan e comparten con nós todo o seu saber de xeito desinteresado.Porque cada pequeno paso que damos conta, Expuxemos as palabras de todos e todas, o zume necesario para unha árbore común.
venres, 13 de xuño de 2014
O FROITO DA INVESTIGACIÓN: APADRIÑAMENTO DE PALABRAS. ELABORACIÓN DE DÍPTICOS
Foron
moitas as palabras que escoitamos. Algunhas só as coñeciamos de ter consultado este blog, outras eran totalmente novas para nós. Todas resultaron un verdadeiro agasallo escoitadas nas voces das persoas do Monte en mancomún, que nos guiaron e
explicaron con tanta claridade. Quixemos apadriñar algunha e fixemos marcapáxinas. Tamén elaboramos dípticos que recollen a información dos nosos apuntamentos. Todo isto fixémolo consultando os cadernos de traballo que leváramos ao monte.
mércores, 11 de xuño de 2014
PROTEXEMOS O HÁBITAT
Tomamos conciencia da importancia de protexer
o hábitat e dos perigos que pode producir calquera neglixencia.
Temos que poñer moito coidado para evitar os efectos negativos en cadea.
protexemos o hábitat from ferreiriño on Vimeo.
Temos que poñer moito coidado para evitar os efectos negativos en cadea.
protexemos o hábitat from ferreiriño on Vimeo.
HÁBITAT PRIORITARIO
A carballeira é
un hábitat prioritario. Sol amósanos un carballo vello como exemplo do que ten
que haber en todas as carballeiras. Porque é unha fonte de vida.
Explícanos como o ser humano pode aproveitar a leña sen necesidade de danar a árbore.
habitat prioritario vimeo from ferreiriño on Vimeo
Non é válido que un monte estea só ao servizo do ser humano. Ten que servir a todos os seres vivos : ratos, aves...
.

VIDA ARREDOR DA CARBALLEIRA
Arredor dunha árbore coma esta hai moitísima
vida, cousa que non encontramos arredor dun eucalipto. O carballo ofrece
alimento a animais, ofrece servizo aos homes ...
vida arredor do carballal vimeo from ferreiriño on Vimeo.
vida arredor do carballal vimeo from ferreiriño on Vimeo.
TOPONIMIA
Seguimos
con Pepe, un mariñeiro arraigado á terra que nos explica o porqué dos
topónimos.
Acompáñanos o seu neto que escoita con atencións as palabras de seu avó.
TOPONIMIA from ferreiriño on Vimeo.
Acompáñanos o seu neto que escoita con atencións as palabras de seu avó.
TOPONIMIA from ferreiriño on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)