xoves, 7 de xuño de 2018

Curso 2017-18 : por fin saimos

Por fin saímos a coñecer a  Carballeira de Coiro :

Hoxe día 23 de Maio por fin  saímos de ruta!
Levamos un  bo traballo de preparación estes meses atrás e saímos con ganas de aprender  máis.

Coma outros anos acompáñanos varios membros da Comunidade de Montes de Coiro que  serán os que  nos axudarán a  abrir os ollos a esta carballeira.

Levamos unha pequena libreta para apuntar todo o que nos van contando, para non esquecelo.
Aquí apuntamos os  nomes dos  animais, das árbores, das plantas,os  nomes dos lugares, dos ríos,e de todo o que nos interesa  segundo vaiamos camiñando e disfrutando do paseo.

Tampouco esquecimos levar comida e auga!


Empezamos a camiñar no pobo de  Ermelo, e alí xa aprendimos cousas sobre  este pobo e sobre o papel  do seu mosteiro séculos atrás, o primeiro asentamento monacal do Morrazo do que xa hai rexistros do século VI.

É  moi cedo pola mañá ,empeza a ruta e   chegaremos  camiñando ao instituto.























Primeira parada na Cruz de Ermelo :

TODO O EQUIPO!

Reunímonos todos nas pedras da Cruz de Ermelo, no Alto da Esculca ( o seu nome ven de esculcar, otear as 4 rías en días despexados ) onde  os membros da Comunidade de Montes nos explican o que é unha comunidade de Montes, e contestan as nosas preguntas sobre como funciona:
Enterámonos de que na zona hai 3 Comunidades: O Hío, Darbo e Coiro, e 1 comisión veciñal en Aldán, aprendimos que a Comunidade de Coiro existe dende o ano 79, con cargos directivos non remunerados  e que actualmente está formada por 130 comuneiros que se encargan de maneira voluntaria de xestionar e coidar este monte, fan repoboación, preparan terreos, colaboran cos coles e institutos para dar a coñecer este Carballal, limpan e fan funcións de prevención de incendios,que actualmente tamén teñen contratados 2 operarios...
Tamén arranxaron anos atrás o Muíño de Fausto, compraron terreos colindantes e fixeron unha guía de árbores do entorno deste muíño.







Ningún comentario:

Publicar un comentario