xoves, 7 de xuño de 2018

Curso 2017-18 : carballal como recurso

A Carballeira como recurso :

De camiño nesta saída visitamos unha zona de  plantación  recente de árbores,  algúns dos cales plantámolos nos o ano pasado cando aínda estabamos no cole, e como parte dun proxecto de cine. 
Moitos de nos atopamos exactamente  a árbore que plantamos  e volvemos a ler o nome do  cineasta  ao que lle adicamos esa árbore .
Cada vez que pasemos por aquí prometemos regar un pouquiño as nosas árbores : 





















Tamén paramos nunha zona da Carballeira onde estase a desenvolver un proxecto de aproveitamento de resina de piñeiros, e alí contáronno todos os usos desta resina.
  Algúns de nos xa coñeciamos o seu papel como antideslizante xa que xogamos ao balonmán, pero tamén nos falaron de que con ela podíase facer chicle, augarrás, material para neumáticos...



Ningún comentario:

Publicar un comentario