xoves, 7 de xuño de 2018

Curso 2017-18 : Estrugueime

Estrugueime! E non tiña hortelán!

Para perder o medo ao que seguramente nos vai a pasar na saída á Coiro, imos ver por que nos vai picar moito cando nos estruguemos no monte. 
Collimos unhas estrugas ó lado do instituto e levámolas ao laboratorio. Alí cortamos unhas folliñas e uns trociños de talos e observámolos á lupa. 
Distinguíanse perfectamente os seus pinchos en   forma de botelliña , e o seu contido: un líquido que se chama ácido fórmico. 
Vimos coa lupa no laboratorio pinchos  enteiros, e tamén mirábanse   ben os pinchos xa  rotos e baleiros. 
Andarei con coidado!
Na saída  afastámonos das estrugas ,pero sempre tiñamos cerca  hortelán para frotarnos as picaduras.
Ademáis : Que ben cheira !




ESTRUGAS


PINCHOS VISTOS Á LUPA

HORTELÁN 

Ningún comentario:

Publicar un comentario