xoves, 7 de xuño de 2018

Curso 2017-18 : Comezamos a camiñar

E comezamos a camiñar : 

Repartímonos en 3 grupos, e cada grupo  foi acompañado por un dos membros da Comunidade de Montes, 1 ou   2 profesores do instituto de Bioloxía e do seminario de Xeografía e Historia, e Inglés.
O camiño  era moi bonito, frondoso e como chovera bastante este inverno había moitos regatos que tiñamos que ir sorteando saltandoos.
Ó comezo íamos despacio e levabamos moito coidado de non mancharnos, pero a medida que o camiño avanzaba xa gañamos en confianza e disfrutabamos da camiñata.





CASE CASE.....


  

Curso 2017-18 : Estrugueime

Estrugueime! E non tiña hortelán!

Para perder o medo ao que seguramente nos vai a pasar na saída á Coiro, imos ver por que nos vai picar moito cando nos estruguemos no monte. 
Collimos unhas estrugas ó lado do instituto e levámolas ao laboratorio. Alí cortamos unhas folliñas e uns trociños de talos e observámolos á lupa. 
Distinguíanse perfectamente os seus pinchos en   forma de botelliña , e o seu contido: un líquido que se chama ácido fórmico. 
Vimos coa lupa no laboratorio pinchos  enteiros, e tamén mirábanse   ben os pinchos xa  rotos e baleiros. 
Andarei con coidado!
Na saída  afastámonos das estrugas ,pero sempre tiñamos cerca  hortelán para frotarnos as picaduras.
Ademáis : Que ben cheira !




ESTRUGAS


PINCHOS VISTOS Á LUPA

HORTELÁN 

Curso 2017-18 : Animais

ANIMAIS :

A verdade é que non iámos en silencio, tiñamos moito que falar así que  todos os animais estiveron moi agochados.
 Foi dificil ver algo de fauna,  pero aínda así conseguimos fotografar algunhas cousas  :


UN LUCIÓN

PIÑAS COMIDAS POR ESQUÍOS


VARIAS LOMBRIGAS

TRITÓNS!



UNHA TOUPA MORTA

QUE ESPECIE DE ARAÑA SERÁ?




PUPA DE BOLBORETA




Cagados from lingualiza on Vimeo.

Atopamos uns cágados nunha charquiña 

Curso 2017-18 : camiñar da moita fame

Camiñar da moita fame : 

A media mañá paramos a merendar na zona do río, e tamén a descansar un pouquiño. 
Este tempo de lecer serviunos para recargar as pilas .
Ao longo da mañá fixemos 2 paradiñas máis , pequenos descansos reparadores do cansanzo.  








Tamén houbo tempo de confidencias :


Merecémos estes descansos!

Curso 2017-18 : A flora :

A flora : 

Quixemos aprender sobre os vexetais do Carballal de Coiro , así que durante a camiñata sacamos fotos dalgunhas plantas que iamos atopando e apuntamos todo o que nos contaron.

Aquí hai algunha mostra :

COUSELOS


LIÑO


Atopamos plantas que saben a noz

BOTÓN DE OURO
ESTRALOTES

Levámola para rebozar





CASTIÑEIRO

FENTO REAL

As estrugas despois de 48 horas en auga son un bó  pesticidas para as xudías



Curso 2017-18 : Fentos

Fentos por todas partes :

Como seguramente  atoparemos fentos na Carballeira de Coiro,   xa os  levamos algo estudados : o seu mecanismo reprodutor e a súa estrutura no laboratorio.
Baixo a lupa estudamos as súas  frondes e rizomas, e tamén vimos no envés os soros, separamos os esporanxios e esporas para estudar o mecanismo reprodutor .
Aínda que no laboratorio non aprendimos os nomes comúns dos fentos, seguro que na saída ao Carballal os membros da Comunidade de Montes nolos irán contando.




Curso 2017-18 : carballal como recurso

A Carballeira como recurso :

De camiño nesta saída visitamos unha zona de  plantación  recente de árbores,  algúns dos cales plantámolos nos o ano pasado cando aínda estabamos no cole, e como parte dun proxecto de cine. 
Moitos de nos atopamos exactamente  a árbore que plantamos  e volvemos a ler o nome do  cineasta  ao que lle adicamos esa árbore .
Cada vez que pasemos por aquí prometemos regar un pouquiño as nosas árbores : 





















Tamén paramos nunha zona da Carballeira onde estase a desenvolver un proxecto de aproveitamento de resina de piñeiros, e alí contáronno todos os usos desta resina.
  Algúns de nos xa coñeciamos o seu papel como antideslizante xa que xogamos ao balonmán, pero tamén nos falaron de que con ela podíase facer chicle, augarrás, material para neumáticos...



Curso 2017-18 : Video

Naturézate from lingualiza on Vimeo.


E como recopilatorio de case todo o noso traballo fixemos este  video coas fotos e os videos que sacamos todo o curso .

Curso 2017-18 : Mural

Mural:

No remate do curso e para dar difusión  ao Carballal de Coiro e ao noso traballo a todo o alumnado, eprofesorado do instituto, fixemos entre todos os cursos de 1º da ESO unha montaxe tipo mural coas árbores e cos  animais que fomos aprendendo no  noso estudo do Carballal .
 Expuxémolo  na entrada do instituto, nunha zona de paso para que todo o mundo poida velo.
Quedounos estupenda!