mércores, 19 de xuño de 2019

Curso 2018-19 : Bichos dende moi cerca!

Bichos dende moi cerca! 

Coma na clase toca estudar o tema de  invertebrados, fixemos prácticas no laboratorio con estes animais.
Collimos varios invertebrados no campo, coma  lombrigas de terra, bichos-bola, cempés  ..., levámolos ao laboratorio metidos en terra e con todo o coidado que  poidemos estudámolos baixo as lupas e despois  elaboramos unhas fichas coa información que aprendiamos .

Non diseccionamos ningún ser vivo, queremos ser respetuosos cos seres vivos,por iso de cando en vez mollabamos as lombrigas e non deixamos a luz das lupas binoculares moito tempo encendidas. Fixemos  un estudo das súas características físicas e tamén nalgún caso do seu comportamento. Algúns atrevéronse a coller as lombrigas coas máns... a outros dábanos  un pouco de noxo.


venres, 14 de xuño de 2019

Curso 2018-2019 : os animais da Carballeira



Os animais do Carballal


  Ao longo do ano aprendimos a recoñecer os animais máis comúns que poderíamos atopar na carballeira: cales son, como son, como é o seu nome científico  e  como se lles chama  en galego e  en castelá. 

Complementamos o estudo das pegadas de animais con traballos sobre o seu neome científico, en galego e castelá dos principais mamíferos e aves desta zona.




















Esperamos ter sorte o día da saída ao Carballal en primaveira e poider ver algún destes animais!

curso 2018-19 : mofos descompoñedores



Os mofos descompoñen todo!    

 Estudamos os mofos no laboratorio como exemplo de fungos pluricelulares .
Os mofos son organismos do reino dos Fungos moi importantes nos ecosistemas xa que son descompoñedores, é dicir,  aliméntanse de toda a materia orgánica morta  reincorporando ao chan moléculas básicas que volverán a ser utilizadas polos  vexetais.
     Primeiro na clase aprendimos do reino dos Fungos e das súas características,  e despois cultivamos no laboratorio o mofo do pan durante unha semana aproximadamente....
Deunos un pouco de noxo!



 Para poder velo mellor utilizamos a  lupa binocular: os seus esporanxios víanse xenial, o micelio coas hifas,  e incluso poidemos ver esporas. 
 Tamén fixemos unha preparación microscópica destes mofos e estudámolos co microscopio  que por ter máis aumentos permite ver mellor todas a súa estrutura. 
As hifas e as esporas  co microscopio mirábanse  perfectamente !




Curso 2018-19 : obradoiro de pegadas:

Video do obradoiro de pegadas : 

Para non esquecer o noso traballo fixemos un video onde algúns de nos explicamos paso a paso como como no obradoiro explicabamos  aos compañeiros como facer  as pegadas de animais en escaiola   :

 

Curso 2018-19 : aprendendo a rastrexar!


   Aprendemos a rastrexar! 

Coma en anos anteriores no instituto organízouse a  Semana da Ciencia, con actividades ó redor da Bioloxía, a Xeoloxía, a Química, as Matemáticas, Informática, etc...
Os grupos de  1º da ESO adicamos  este ano esta actividade a aprender a rastrexar animais polas súas pegadas !

Para preparar o traballo que fariamos o s alumnso as profes de Bioloxía,   meses atrás da Semana da Ciencia, buscaron nos montes dos arredores, tamén no Carballal de Coiro,  pegadas de animais, clasificáronnas e fixeron  moldes en barro.
 Despois no laboratorio prepararon  o  seu contramolde en silicona.


Os alumnos, pola nosa banda,  aprendimos a recoñecer os animais polas súas pegadas e tamén  aprendimos a  facer réplicas das pegadas  en escaiola utilizando os moldes de silicona, escaiola, auga, cartolinas, aceite ...e moitas risas...









Tamén intentamos deseñar unha pequeña chave de identificación de pegadas que nos valera para recoñecelas fácilmente.

E despois montamos o noso taller de pegadas na Semana da Ciencia!



Fixéronse carteis  con información das pegadas dos animais cos que traballamos ......






E  varios grupos de alumnos de 1º da ESO  montamos un taller para aprender ao público a facer pegadas de animais en escaiola.
Fixemos de monitores para todo o alumnado que quiso participar, e tivemos moito éxito.





 Tivemos moito público, polo noso taller pasou unha gran parte do alumnado do centro! 

































Aínda que tiñamos pegadas de lobo, raposo, corzo, xabarín, garza, córvido, can, gato, coello, ........a pegada  que triunfou foi a do lobo. Todos querían facer unha copia en escaiola para  levala para casa. 
A verdade que é espectacular!


Pegada de lobo en silicona e en escaiola



Distintas  pegadas  realizadas no taller.

Curso 2018-19 : A xeosmina !



    A xeosmina ! 
Un día de choiva, no outono,  un alumno de primeiro da ESO dixo na clase :
Como cheira a terra mollada ! 
De seguido alguén preguntou que a que se debía este cheiro , así que decidimos investigar : 

...E atopamos a Xeosmina !


O nome desta substancia significa "Terra húmida " e está producida por unha bacteria : Streptomyces coelicolor e por fungos tamén. Ten un cheiro imperceptible para nos,  soamente podemos cheirala cando a terra se humedece bastante,  pero hai moitos animais coma gusanos e insectos  que nos superan en  olfacto  e poden rastrexala ata atopar  zonas húmidas onde recoller auga ou refrescarse.





Os camelos de  zonas desérticas utilízana para detectar a auga que necesitan e poden seguer o seu rastro moi ben.


Curso 2018-19 : Todos contra o lume !


Todos contra o lume ! 
En Novembro viñeron os bombeiros da Base da Brigada Forestal do parque  do Campillo  en Pontevedra  que atenden, por regra xeral, ás comarcas de Pontevedra, Caldas, o Morrazo e O Salnés.
Impartiron  unha charla para os alumnos de 2º de bacharelato sobre a importancia  dende o punto de vista ecolóxico dos bosques, das causas dos incendios,  e tamén explicaron como actuaban os bombeiros forestais neses casos. 
É xente moi implicada no seu traballo e na concienciación do alumnado nas escolas e institutos.





















 Ao rematr a charla  ensináronnos como funciona o camión de bombeiros no que viñeron, como son os seus traxes de protección,  e fixemos unhas prácticas de uso das mangueiras de auga  no xardín do instituto. 

















Non é tan facil como parece!


No mes de  abril fumos  a facerlles unha visita á base  do Campillo en Pontevedra para ver alí como son os helicópteros, o seu equipamento e como organizan o seu traballo. Resultou interesantísimo. 
Soamente  faltou que nos deixaran  voar no helicóptero! Pero polo menos  subimos nel!







.



curso 2018-19: axudando a plantar árbores no Carballal



Plantando árbores no Carballal de Coiro :  


  No mes de febreiro axudamos a repoboar unha zona da carballeira de Coiro con árbores frondosas e autóctonas que enriquezan a carballeira.




 Para preparar a saída traballamos previamente na clase e  na casa coas árbores frondosas que iamos plantar despois: aprendimos como eran as súas follas, os seus froitos,e tamén con estes traballos aprendimos  que é o nome científico das especies.











Así,  cando despois cando fumos plantar xa podíamos imaxinar como serán as nosas árbores e a zona de plantación cando estas árbores crezan nuns meses e anos.  
Esta actividade organizada pola Comunidade de Montes de Coiro é a primeira toma de contacto  coa Carballeira de Coiro.





Axudáronnos como  monitores aos peóns forestais do taller da Rúa, que con moita paciencia  explicáronnos como para plantar as árbores  hai que preparar o chan previamente, como se manexaba  a ferramenta, contáronnos cousas curiosas das árbores que estabamos a plantar  e con moita paciencia botáronnos unha man para plantar uns 100 exemplares de varios tipos de frondosas :
     Castiñeiros, acivros, bidueiros, pradairos, faias, nogueira, cerdeiras e freixos.






























 O traballo foi moi duro! 
O  sacho non é o noso, e  moitos e moitas non temos práctica nisto,  pero traballamos arreo durante toda a mañá , e ó chegar a hora de marchar non queríamos volver. Quedában algúns exemplares sen plantar todavía.
 Os monitores seguirán co seu traballo sen a nosa axuda.
Teremos que volver na primaveira e no  verán para botar un pouco de auga e a ver como creceron ! 

Curso 2018-19: os nosos plans

 Os nosos plans para este curso 2018-19 : 

Iniciamos un novo curso 2018-2019, e queremos  aprender do Carballal de Coiro, sobre todo implicando aos alumnos de 1º da ESO recén chegados ao instituto, pero tamén queremos incluir este curso ao alumnado de 2º de bacharelato da materia de Ciencias da Terra cos que faremos varias actividades xa programadas relacionadas coa conservación do monte e a prevención de incendios forestais.
Unha  parte do alumnado de 1º da ESO  provén de colexios que  xa traballaron  os valores e obxectivos que, coma anos anteriores, queremos conseguir co traballo deste curso.
 Obxectivos coma por exemplo  :

  • Poñer en valor a Carballeira de Coiro, a través do seu coñecemento, xa que o Carballal é  unha das poucas   mostras de bosque autóctono propia de clima oceánico que temos  na nosa contorna. 
  • Aprender  do funcionamento das Comunidades de Montes, e a importancia que ten a organización veciñal .
  •  Formar unha cidadanía responsable, ecoloxista e comprometida co patrimonio natural, e coa súa conservación 

Temos moitos plans, e cousas novas irán xurdindo ao longo do ano.  Este curso queremos aprender moito, traballaremos na aula para poder apreciar mellor a riqueza deste bosque cando na  primavera vaiamos de ruta á Carballeira de Coiro .
 Pero tamén queremos ser agradecidos e comprometernos coa conservación deste Carballal, empregando algo do noso tempo  axudando aos membros da Comunidade de Montese  a plantar árbores frondosas alá  polo mes de Febreiro.

xoves, 7 de xuño de 2018

Curso 2017-18 : Comezamos o curso



Curso 2017-2018:


Comezamos un novo curso e queremos prepararnos para estudar a Carballeira de Coiro, unha das maiores  masas  de bosque autóctono do Sur de Galicia.
Non queremos que o Carballal  sexa simplemente un lugar de lecer , senón que estamos seguros que  funcionará coma un aula de aprendizaxe perfecta para aprender e aplicar  conceptos, ideas e coñecementos que iremos aprendendo ao longo deste curso.
Para isto, traballaremos moito durante os primeiros meses na aula e no laboratorio, e no mes de Maio contaremos, outro ano máis,  coa axuda inestimable de membros da Comunidade de Montes que nos guiarán por esta carballeira e irán aprendéndonos moitas cousas deste espazo natural de interese local.