xoves, 8 de xuño de 2017

VISITA Á FRAGA DE COIRO


SAÍDA A FRAGA

Calzado cómodo ,mapa, bolígrafo e ilusión por
coñecer……..que  divertido é aprender!!
Outro ano máis, lavamos ben as orellas, para escoitar todo o que
 nos tiñan que contar as persoas que mellor coñecen a fraga,
 calzamos as zapatillas atando ben os cordóns e saímos a coñecer o
 Carballal de Coiro, mesturando o traballo con moita diversión!

Levamos unhas libretiñas que deseñamos na aula e nas que,  por un
 lado, tiñamos o mapa topográfico da zona, coas distintas paradas, e
 polo outro unhas cuadrículas para facer anotacións de todo o que
 nos contaban e das especies animais e vexetais  que recoñecíamos
 na saída.

Partimos de Ermelo  ( Igrexa) con charla explicativa do arqueólogo das obras que se están a executar e percorremos Cruz de Ermelo, o nacemento do Río Bouzós, Pedra Edra, A Fraga, Monte do Chan, Monte Pequeno, Romeirá, Ameixoada, Canizada, A Graña, A Rúa e de volta en Rodeira.







































CLASE INTERDISCIPLINAR



A saída a fraga foi unha clase interdisciplinar fora da aula  na 

que repasamos contidos que traballamos o longo do curso en  

distintas materias e aprendemos outras moitas novas e moi 

interesantes:

Bioloxía e Xeoloxía: recoñecendo as distintas especies de animais
 (vertebrados e invertebrados),  plantas (anxiospermas e
 ximnospermas) e  minerais da fraga; interactuando con eles,
 coñecendo as súas propiedades e utilidades en distintos campos 
(alimentación, industria textil, química, mediciña…..) e distinguindo especies autóctonas, alóctonas e invasoras.



Xeografía e Historia: con alusións históricas e xeográficas

 relacionadas con cada especie , aprendendo de onde viñan, si eran

 autóctonas ,alóctonas, invasoras….. e quen as introduciu  no

 entorno da fraga, estivemos nun punto da fraga no que lindaban

tres concellos do morrazo, de xeito que una árbore estaba en

Cangas, outra en Bueu e outra en Moaña e aprendemos o concepto

de mancomunidade e todo o que implica.



Lingua castelá, lingua galega e latín: Coñecendo os nomes

 vulgares e científicos de distintas especies de árbores e herbáceas
 nos tres idiomas.

Educación física: Fixemos exercicio físico camiñando de Ermelo
 ata Rodeira dende as 9.00h ata as 14:00h.  

Valores éticos: compañerismo, saber estar, educación, valores
 ecoloxistas, solidaros, comprometidos, cooperativos, amor e repeto
 pola natureza ……
Matemáticas: repasamos as unidades de medida liniais,de
 superficie e de volumen, e utilizamos os factores de conversión
 para pasar de hectáreas a metros a extensión de monte que pertence
 os comuneiros.

Química: aprendimos, entre moitras outras cousas , que o principio
 activo da aspirina (ácido acetil salicílico) se extrae do salgueiro,
 que se poden facer  insecticidas naturais a partir das estrugas…..

Cultura Popular: Coñecemos rimas e lendas da fraga, xogos
 populares que se elaboran con follas ou talos das plantas
 (cerbatanas, chiflos…..) , buscamos as herbas do facho para
 elaborar a auga de San Xoan para acadar a eterna xuventude e
 alonxar ás meigas.
 Música: Cantamos durante a andaina  e  baixo a chuvia de volta o Instituto.





Comezamos a andaina!!!

Comezamos na aldea de “Ermelo”, onde está a igrexa de Santiago,
 antigo cenobio. Esta aldea atópase nun pequeno val formado polo
 rego do Frade que discorre entre o Monte Paralaia e o Monte
 Ermelo, onde está o Alto dá Esculca. Un vello núcleo rural que
 segue a manter todo o encanto de tempos xa pasados.  O primeiro
 asentamento de vida monacal na Península do Morrazo aparece
 vinculado xa no século VI ó priorato de Ermelo, de fundación
 benedictina. Aquí morou na primeira metade do século XVIII o
 frade Martín Pelagio, do que se contaba que acudía ás xuntanzas
 das meigas cando a campá da igrexa de Coiro soaba soa os sábados
 ás doce da noite. Foi condenado pola Inquisición logo de ser
 xulgado polo delito de bruxería e manifestas prácticas feiticeiras.





Como resto do antigo mosteiro, queda algún muro da casa prioral e
 unha igrexa baixo a advocación de Santiago Apóstol, emprazada,
 posiblemente, no lugar dun vello templo románico do que só
 quedan vestixios da porta e arcos semicirculares. Sufriu
 restauración total de muros e cuberta. Os muros e bóvedas son do
 século XIX. Chapiteis de tipo barroco do século XVIII.

Na cima do Monte da Esculca, destaca a coñecida como Cruz

de Ermelo ou Cruz de Santiago.


Esculca” vén do latín “auscultare” que significa "observar
 atentamente" ou "tratar de descubrir ou saber algo". Para Frei
 Martín Sarmiento denominaba "esculca" a unha persoa  que 
avisaba dos movementos do inimigo por mar ou por terra.
 Calquera destas posibilidades podería aceptarse, xa que dende
este monte divísase gran parte das Rias Baixas, polo que era unadas mellores posicións de Galicia para a observación. Con todo, no presente os eucaliptos eclipsan as formidables vistas que dende aquí se divisan realmente.


A Cruz de Santiago ten máis de sete metros de altura, foi construída
en 1950.
Nun principio foi pensada para albergar un faro. Nela pódense
apreciar as canles nos seus brazos. A súa forma de espada de
Santiago foi montada empregando partes incrustadas nun ferro
sobre un pedestal natural formado por unha gran roca. No medio da
cruz hai unha concha de vieira e diante un pequeno altar que se
utiliza na festa celebrada aquí o 25 de xullo con motivo
da  celebración de Santiago Apóstolo.


Adentrámonos na Fraga…
Declarado Espazo Natural Protexido,  é un bosque típico atlántico
 onde abunda o carballo , o ameneiro e o bidueiro e representa unha
 das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de
 Galicia.


 




Adentrámonos  na Fraga...........











O meu peto”

Levo no peto
auga de nube,
sombra de bosque,
brillo de insecto,
unha moeda,
un papel branco
cun trazo recto,
lúas e soles,
brancas folerpas,
lampos de inverno,
mans que se collen,
risas de amigos,
bicos a centos .
Levo no peto
mundos felices,
poucos obxetos,
mostras da vida,
todo perfecto!



"VERSOS DA TARDE LARANXA"
Ana Mª Fernández



















                        






.....facendo  paradas, ó longo do camiño, para  escoitar 
 atentamente ó que os comuneiros  tiñan que contarnos sobre os
segredos que da Fraga.


















    
  
 


Pasamos pola fervenza do río Bouzós, que nace na zona de
Ermelo……. 













 
……. onde paramos a descansar, a tomar un refrixerio para
repoñer forzas……..


Lorena Escudeiro ( Docente "Montentérate") 





 
……e continuar o camiñoo admirando o fermosa que está a fraga !!









….de certo que estaba!!, con ese longo vestido verde de flores que se pon no mes de Maio…..















Tomamos boa  nota de todo canto vimos, árbores, arbustos   
 herbáceas de distintas especies ( carballos, cerquiños, estrugas,
 toxeiras, fentos….) , animais  vertebrados e invertebrados
 ( paxaros, saltóns, ras,caracois….) e das cousas  curiosas que
 aprendemos das súas características e propiedades….

















 










  

 





 

Tamén fomos visitar a uns vellos amigos……….os carballos que 

 plantamos o ano pasado. Atopámalos  fermosos e moi grandes!!   

 Contáronos que estaban cheos de ledicia vivindo na fraga,  

 aledounos ver que lles iba tan ben e prometemos volver  visitalos 

 para asegurarnos de que seguían crecendo.




































Tres Manolos e un Pepe
Coma nos anos anteriores  fomos acompañados por membros da
 Xunta de Montes, que prepararon a saída,  guiándonos 
e  explicando moitísimas cousas  curiosas.
 Moitas grazas  a “os Manolos” e a  Pepe, persoas extraordinarias
 que forman parte da comunidade de montes e que coñecen cada
 árbore, cada planta, cada lenda , cada rincón da fraga . Acompañáronnos durante todo o percorrido de Ermelo a Rodeira e de xeito totalmente altruista colaboraron co profesorado na transmisón de valores ecoloxistas, solidaros, comprometidos, cooperativos …… engancharonnos as súas explicacións que escoitamos atentamente e que anotamos nas libretiñas que elaboramos na aula. Grazas polo voso entusiasmo,  amor á  natureza, o traballo comunitario e por compartilo con todos nós!! Unha vez máis os veciños e veciñas da comunidade de montes de Coiro contaxiaron co seu entusiasmo  o amor pola natureza e o traballo comunitario ao alumnado de 1º da E.S.O. do I.E.S. de Rodeira .
Grazas, grazas, grazas!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario