xoves, 8 de xuño de 2017

TRABALLO NA AULA


VISITA Á FRAGA DE COIRO 2017

O pasado xoves  25 de Maio, os profesores  do IES de Rodeira , trasladamos ós rapaces e rapazas  de 1º ESO ,da aula á  Fraga de Coiro. Alí repasamos  o que estudamos  ó longo do curso nas distintas  materias  ( bioloxía , xeoloxía, galego, xeografía,historia, matemáticas……)  e aprendemos outras moitas cousas dos veciños  da comunidade de montes de Coiro, facendo  da visita  unha clase interdisciplinar en plena natureza, un paseo polo coñecemento a través do “ libro máxico da Fraga”.


PREPARANDO A VISITA

Na aula

Ó principio do curso  estudamos o mundo das plantas, as súas principais características e os animais máis frecuentes que podemos atopar no paseo polo Carballal: mamíferos, aves, réptiles e anfibios.

Os rapaces e rapazas traballaron en grupo para  realizar  muráis sobre cada tema:



















 Elaboramos un herbario con follas de árbores , arbustos e herbáceas que os rapaces atoparon no entorno, identificando o nome vulgar, o nome científico o tipo de árbore, o tipo de folla, o froito…..





Montserrat Díaz Calviño ( Coordinadora "Montentérate")








Podes acceder o Herbario completo pinchando na ligazón :




Na unidade  11 do libro de texto ,“ Os ecosistemas” , estudamos os principais biomas terrestres facendo fincapé  no característico da zona do Morrazo ( o monte oceánico), que se atopa nuha  zona de transición entre dúas rexións bioxeográficas,  responsable da gran biodiversidade da  fraga. Os alumnos investigaron sobre as características pricipais :,latitude, clima, fauna ,flora, adaptacións….. e fixeron un traballo por grupos.






E para completar a información sobre o bioma da Fraga proxectamos  na pantalla dixital a unidade didáctica:


“Valores medioambientais do monte galego”






 





 












Na última unidade didáctica do curso ,“ Degradación e Conservación do medio”, estudamos como a presenza do home cambiou os elementos da pirámide  trófica co paso do tempo e as súas consecuencias, centrándonos  no primeiro nivel :os productores. Vimos a importancia das plantas e das masas  arbóreas como base fundamental da pirámide.



Visualizamos o documental “Before de flood” ,emitido polo  National Geographic Channel  onde se pon de manifesro a relación directa das terribles consecuencias da desforestación e o cambio climático. O finalizar o documental fixemos una ” chuvia de ideas”, adaptando o contidos o noso monte atlántico, na que cada alumno e alumna aportaba a súa conclusión respecto ó tema, e propuñan medidas para conservar o noso monte, quedei abraiada!! ( en positivo).





 

 

 




Para completar a información sobre a degradación e conservación do medio, proxectamos  na pantalla dixital a unidade didáctica:
" Que podes facer ti? Conservación e mellora"



 Os rapaces elaboraron vídeos caseiros nos que propuxeron medidas para conservar a Fraga e o Monte de Coiro.










Ningún comentario:

Publicar un comentario