xoves, 8 de xuño de 2017

EXPERIMENTANDO NO LABORATORIO




No laboratorio


Fixemos varios experimentos relacionados co mundo das plantas  e o seu estudo:


1. Como respiran as plantas?

As plantas respiran por uns pequenos poros nas follas, chamados 

estomas.
Para demostralo, enche de auga ata a metade unha botella ou 

frasco de vidro. Fai un tapón de plastilina, deixando un buratiño 
para meter o peciolo dunha folla ancha, ata que se mergulle na auga. Mete tamén polo tapón unha palla de refresco, sen que toque a auga.
Ao respirar pola palla sacamos aire do frasco, e esta presión fai que entre aire polo único sitio posible: A través dos poros da folla. Fíxate como aparecen as burbullas arredor do peciolo da folla!!
 

Estomas


2. Sistema circulatorio das plantas

Ao igual que as veas e arterias do noso corpo, as plantas teñen un sistema circulatorio formado por vasos (xilema e folema) para que o zume poida levar osíxeno e alimentos a todas as súas partes. Para comprobar si estes vasos forman unha rede direccional ou forman unha rede como unha esponxa, podemos realizar un sinxelo experimento.
Metemos o talo du caravel nun tubiño con colorante alimenticio amarelo, esperamos unas 24 horas, pasado ese tempo, vemos que os pétalos do caravel se tinguen de amarelo.

Por que ?
As plantas absorben auga e outras sustancias do solo a través da raíz. Estas sustancias son trabsportadas ata ás follas e ós pétalos polos vasos conductores, do sistema circulatorio, mediante capilaridade.




























3.Comprobamos a importancia da vexetación, realizando  un experimento sobre a deforestación:

Prepáranse tres recipientes con terra:
-          Un con vexetación
-          Outro con follas e materia orgánica
-          Outro só con terra

Instalando un sinxelo recolledor na boca de cada recipiente ( feito reutilizando botellos de plástico), e sometendo o conxunto á “chuvia”, debaixo da billa ou empregando unha regadeira, podemos comprobar como a vexetación retén sedimentos do chan, evitando a erosión e a contaminación das augas.





























4. Estudamos a xerminación da semente.

 A semente pode estar moito tempo en estado latente, cando as condicións de temperatura e humidade son  adecuadas o embrión reinicia o seu crecemento: consume o endoespermo que o rodea e dá lugar a una plántula.Nun extremo xurde a radícula, e noutro un ápice (talo incipiente)Ambos extremos crecen en sentido contrario, a raíz diríxese cara abaixo e o talo busca a luz do sol.












5. Estudo das células vexetais de epiderme de cebola.


Os alumnos realizaron unha práctica de laboratorio na que tiveron que facer unha preparación de células vexetais de epiderme de
cebola para observalas posteriormente no microscopio.


Materiales: Microscopio, portaobxetos,cubreollos,cubeta,escalpelo , agullas enmangadas e contagotas.


Productos: Cebola,azul de metileno e auga.


Procedemento:


1.Separamos unha das  follas internas da cebola e desprendemos a membrana que está adherida pola cara inferior cóncava.


2. Depositamos a membrana nun portaobxetos cunhas gotas de auga.


3.Poñemos o portaobxetos sobre a cubeta de tinguido para que caigan nela a auga e os colorantes. Si é preciso estiramos o anaco de epidermis coa axuda das agullas enmangadas.


4. Escurrimos a auga e engadimos unhas gotas de azul de metileno sobre a membrana e deixamos actuar  durante 5 minutos (non debe secarse a epidermis por falta de colorante ou por evaporación do mesmo). Co contagotas bañamos a epidermis con auga abundante ata que non solte colorante.


5. Colocamos sobre a preparación un cubreobxetos e levámola o microscopio.


6. Observamos a preparación a distintos  aumentos, empezando polo máis baixo.Identificamos as distintas células do texido epidérmico do bulbo da cebola






Ningún comentario:

Publicar un comentario